23 de mar. de 2015

HOXE NA BIBLIOTECA UNHA SESIÓN SOBRE O LIBRO

Hoxe Fernando F. de Galaxia visitou ás nenas e nenos de 2º .
A xuntanza foi na biblioteca do cole .
Fernando puxo unha presentación en  power point de Carlos Casares, faloulles da súa relación con el, da súa morte, da amizade que tiña con Pedro de LLano e dalgunhas anécdotas curiosas.
Fernando tróuxolles unha carta de Pedro de Llano.
O alumnado fíxolle preguntas sobre a  elaboración do libro e o autor .

2 de mar. de 2015

VISITA AO SALÓN DO LIBRO

Hoxe, día 2 de marzo, fomos de visita ó Salón do Libro.
A visita gustounos moito.
Miramos a zona onde estaban os nosos traballos.
2ºA asistimos a un obradoiro de experimentos e 2ºB a un obradoiro de debuxo, recortado e xogo que impartiu o ilustrador Anxo Fariña.