24 de feb. de 2017

ENTROIDO 2017

Últimas instruccións. Recomendacións para a xornada. Repartimos disfraces. Coloreamos máscaras. Todo listo. Preparámonos para o desfile:

Posado de fotos individuais, equipos e grupos:
Baixada ao patio, desfile, viandas e queima do galo Vilaverdiño:


FELIZ ENTROIDO!!!

Clicando no seguinte enlace temos unha montaxe chulísima da profe Alba Blanco:

23 de feb. de 2017

ADIVIÑAS ESPACIAIS


Hoxe, xoves 23 de febreiro, os medios de comunicación destacan unha noticia  relacionada co espacio que dará moito que falar. É algo extraordinario...averiguade algo máis e a volta do entroido comentamos.

Pistas:
 
http://elpais.com/elpais/2017/02/22/ciencia/1487783042_037999.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2017/02/23/tras-descubrimiento-planetas-podremos-viajar-/00031487839161385117346.htm



A imaxe superior desta entradiña está relacionada cunha obra literaria moi famosa...alguén anímase a buscar información?

Esperamos os vosos comentarios.

COCIÑEIRAS-COCIÑEIROS de VILAVERDE


    Case todo está preparado para a noso entroido. Foron días de moito traballo co noso disfraz, coa información do entroido, coas ladaíñas...

    Tamén "investigamos" e "probamos"  novas receitas. Trátase dunhas receitas moi especiais para o mundo que queremos...A volta do entroido teredes máis noticias.

Por certo, hoxe quedou ao descuberto outro grande segredo: O FAMOSO GALO VILAVERDIÑO este ano será CHEF VILAVERDIÑO. Está chulísimo coas plumas feitas polo alumnado de infantil:

CHEF  VILAVERDIÑO, COCIÑA  AMODIÑO


SECTORES ECONÓMICOS - PROFESIÓNS

Estes días en Ciencias Sociais comentamos a influenza do clima nos distintos sectores económicos (agricultura, turismo, transporte e comunicacións...). Esto levounos a interesarnos pola súa clasificación e relacionámolo coas diferentes profesións -temática traballada na xornada da paz e no noso entroido-


 
Podemos clasificar as profesións dos disfraces do cole no sector económico correspondente.

17 de feb. de 2017

ENLACES INTERESANTES


Hoxe na clase de informática traballamos con varios enlaces moi interesantes e divertidos que apuntamos para compartir:

No blog http://www.adelaleiro.com/ que conta con moitísimo material didáctico, buscamos un conto sobre entroido, un conto cunha receita e localizamos e limos información sobre o porco -protagonista de moitas das receitas traballadas-. Clicade sobre as imaxes:
http://www.adelaleiro.com/v/Cat%C3%A1logo-de-descargas/Conti%C3%B1os/Contos-da-rata-Lu%C3%ADsa/Adela/A-rata-Lu%C3%ADsa--A-tortilla/898.aspx
http://www.adelaleiro.com/v/Cat%C3%A1logo-de-descargas/Conti%C3%B1os/Contos-da-rata-Lu%C3%ADsa/Adela/A-rata-Lu%C3%ADsa--Entroido/903.aspx
http://www.adelaleiro.com/v/Cat%C3%A1logo-de-descargas/Conti%C3%B1os/O-morcego-Roque/Adela/O-porco/968.aspx

Repasamos a respiración no enlace:  http://www.vedoque.com/juegos/el-cuerpo.swf

Ademais, aproveitamos para presentar Akinator un xogo creado no ano 2007 en Francia. Consiste nun xenio que pode adiviñar o personaxe que está pensando o xogador, sexa real ou non, contestando unha serie de preguntas sobre as características do mesmo. É moi divertido, animádevos a participar clicando sobre a imaxe seguinte:
http://es.akinator.com/


PREPARANDO O ENTROIDO

Estamos xa en marcha coa confección do noso disfraz. Medimos as chaquetas, cortamos os botóns e hoxe, na sesión de plástica, preparamos e cortamos os gorros...estamos moi atarefadas e atarefados.

13 de feb. de 2017

VISITA EXPOSICIÓN GUERREROS DE XIÁN

Por fin chegou o día, hoxe visitamos a exposición sobre o exército escultórico dos GUERREROS DE XIÁN feito en arxila vermella.

-   Primeiro visionamos un documental cinematográfico que conta a historia do descubrimento do exército de Terracota por uns humildes agricultores, en marzo de 1974. Trátase dun conxunto con máis de 8.000 figuras de soldados e cabalos a tamaño real, que foron sepultados xunto ao autoproclamado Primeiro emperador da China da Dinastía Qin, QinShiHuang, no ano  210-209 a.C. Desde o ano 1.987 está clasificado como Patrimonio da Humanidade pola Unesco. No ano 2.010 o equipo de Xu Weihong descubridores e excavadores oficiais, recibiron o premio PRÍNCIPE DE ASTURIAS DAS CIENCIAS SOCIAIS.

-   Despois asistimos a un percorrido guiado por dúas monitoras que foron comentando diferentes obras e reproduccións, con explicacións e moitas curiosididades sobre a mostra.

Esta saída escolar resultou todo un éxito, compartimos algunhas fotos desta actividade:



10 de feb. de 2017

FEBREIRO NA BIBLIOTECA



Co inverno, as árbores da biblioteca están sen follas.
Desde Mascotilandia chegounos unha proposta para decorar a fraga de Lampi entre todo o alumnado do cole.

Fixemos "copos de neve" cunha folla de papel, unhas tesoiras e un chisco de imaxinación.

Parecía complicado, pero pouco a pouco, paso a paso...cada vez saen mellor.
E mesturando INVERNO e  ROSALÍA, ésta será a nosa aportación para o 24 DE FEBREIRO:
ROSALÍA  EN  FOLERPAS

SOLDADOS DE TERRACOTA

O venres, 10 de febreiro, nas nosas clases realizamos unha busca de información sobre OS GUERREROS DE XIÁN - SOLDADOS DE TERRACOTA preparando a visita da exposición. Tamén empregamos o mapa mundi e o globo terráqueo para localizar o emprazamento real da excavación.
Na aula de informática, por parellas, revisamos os enlaces atopados e limos moitas curiosidades.

Enlaces de interese:
http://www.spacionaturaexpo.com/es/terracota_soldados.php
http://www.nationalgeographic.com.es/historia/grandes-reportajes/el-monumental-mausoleo-de-los-guerreros-de-xian_6638
http://arquehistoria.com/historias-los-guerreros-de-xian-un-ej-rcito-inmortal-589
http://www.vigopeques.com/2016/12/guerreros-xian-terracota-familia.html

9 de feb. de 2017

RESPIRACIÓN - APARATO RESPIRATORIO

Comezamos o noso traballo sobre o aparato respiratorio. Preparamos os nosos esquemas coas vías respiratorias e os pulmóns. Ampliamos información.


Enlaces para visionar o capítulo de "ÉRASE UNHA VEZ O CORPO" sobre RESPIRACIÓN:

8 de feb. de 2017

SANDRA E MEIROL EN XISTRALIA

Na Sede Afundación Pontevedra asistimos á representación da obra de teatro 'Sandra e Meirol en Xistralia', un espectáculo da compañía Gaiteiros da Xistra. Coñecemos un pouquiño máis as tradicións da nosa cultura.
Aplaudimos a rabiar coa actuación  do noso compañeiro Elías, a nosa compañeira Susana e a profe Lola que participaron directamente na representación. Noraboa!!!  

Velaiquí as fotos da representación:


OBRADOIRO DE XOGUETOLOXÍA

Hoxe na biblioteca participamos nun obradoiro para facer xoguetes, xogos e enredos con materiais de refugallo.

Comezamos cunha pequena charla das monitoras Chus e Nerea. Explicáronnos como con calquera obxecto podemos facer un xoguete, só precisamos botarlle algo de imaxinación.

Despois, montamos un xoguete co que enredar os dous grupos: unha tartaruga corredora.
Materiais empregados: un anaco de papel, unha casca de noz, fío e un pau.
Pasos da actividade:
- Primeiro coloreamos os debuxos das tartarugas e, deseguido, recortámolos.
- Despois, pintamos a casca da noz.
- A continuación, enchemos a noz de plastilina.
- Puxémonos en ringleira e as monitoras foron pegando a noz, o papel e o fío de cada tartaruga cunha cola quente.
Ao remate, xogamos e experimentamos con elas. Todas quedaron chulísimas!!!
Esta actividade foi posible coa colaboración do concello de Pontevedra.
Enlace fotos

6 de feb. de 2017

PRENSA E TEMPO


PROPOSTA POR EQUIPOS que recolleremos nun mural. Hai xa días que xuntamos recortes de prensa relacionados co tempo metereolóxico ou co clima -prediccións, mapas, efecto invernadoiro, ciclogénese, furacán, borrascas...- e con elas traballaremos en lingua e sociais. Comentaremos resultados e colgaremos fotos.




3 de feb. de 2017

ROSALÍA

Na sesión de informática de hoxe, achegámonos a biografía de Rosalía de Castro. 



Preparamos a xornada do DÍA DE ROSALÍA, 24 de febreiro, aniversario do seu nacemento.

A RODA DE ALIMENTOS

Traballamos a roda de alimentos con recortes de folletos publicitarios en quipos cooperativos.
Tivemos que consensuar as tarefas, cortar, poñer o material en orde, organizar e pegar os recortes.

O luns, día 6, revisaremos o traballo e na sesión do venres remataremos a presentación por equipos.
Venres, 10 de febreiro, os equipos rematan murais e preparan rotulacións. Hai reflexión sobre a posta en marcha, seguimento e reparto de tarefas.

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA

Traballamos sobre nutrición, asistimos a charlas sobre dieta mediterránea e  hixiene bucodental, estamos a voltas cos alimentos, coa dieta saudable, co aparato dixestivo, coa roda alimentaria...
Aumentamos o noso vocabulario relacionado coa cociña, traballamos con diferentes textos, folletos e noticias que abordan estes temas. E tamén redactamos receitas...moitas e saborosas receitas.



As nosas preguntas son:
Animádevos e poñede as vosas respostas na zona de comentarios desta entradiña do blog.  O luns haberá máis pistas.