28 de abr. de 2017

CHEGAMOS A IDADE DOS METAIS

Estamos xa na última etapa da Prehistoria. Estudiamos a IDADE DOS METAIS. Lemos información, vemos algún video, preparamos esquema na aula, comentamos noticias de prensa relacionadas...
Noticias sobre a Idade dos Metais en Pontevedra:
Escavación arqueolóxica na Lanzada

26 de abr. de 2017

OBRADOIRO INNER PEACE

Hoxe desenvolveuse na biblioteca do centro un obradoiro relacionado coa PAZ  e o traballo en valores dirixido por seis persoas de diferentes nacionalidades e con un mesmo interese: A paz debe comezar no noso interior. Desde aí  pode expandirse a todo o que está ao noso redor: a nosa familia, as nosas amizades, a nosa comunidade, ao noso cole, a nosa cidade...e asi a todo o mundo. Somos "corresponsables" para facer un MUNDO EN PAZ. Citáronse figuras como as de Gandhi, Mandela ou Luther King. Escoitamos un conto con moita atención. Vivimos momentos de reflexión, de relax...de paz dentro e fóra. Saímos cargadas e cargados de boa enerxía...Seremos capaces de poñelo en práctica??? Imos intentalo...
Enlace fotos
Música relaxante 

25 de abr. de 2017

PRIMAVERA NA BIBLIOTECA

Agora toca axudar na decoración primaveral da nosa BIBLIOTECA. En Plástica estamos a preparar unhas aves e unhas bolboretas moi vistosas que axiña terán acomodo entre as flores e os froitos colocados no bosque de Lampi. Vai un adianto en fotos:

HOMENAXE A GLORIA FUERTES. CÓMO DIBUJAR...

Este ano celébrase o centenario do nacemento da escritora GLORIA FUERTES. No cole traballamos a súa biografía e a súa obra. Ao longo dos últimos días foron chegando as nosas aulas diferentes libros desta autora. De todos aprendimos algo. 

Nas nosas escollimos un poema sobre o que traballar para despois recitalo como grupo. Estamos facendo diferentes probas e algún que outro ensaio...Tamén fixemos unha interpretación artística do poema. Daremos noticias...
O grupo de 4º A traballa co poema CÓMO SE DIBUJA UN CASTILLO
O grupo de 4º B traballa co poema CÓMO SE DIBUJA UNA TORMENTA

23 de abr. de 2017

23 de ABRIL - DÍA DO LIBRO

Un agasallo visual para celebrar o Día do Libro. É un fantástico curto para fomentar a paixón pola lectura:

Nas nosas aulas comezamos a lectura do libro  "EL LOCO CUENTO DE TODOS LOS CUENTOS" escrito por José María Plaza e ilustrado por Julius. É un libro de teatro onde aparecen moitos personaxes de contos clásicos. Temos moita ilusión por traballar as "lecturas con interpretación".
Xa iremos contando...esta semana ensaiamos a escena I. Temos as máscaras preparadas.

Que emoción!!!








21 de abr. de 2017

ESTAMOS NO NEOLÍTICO

Seguimos avanzando pola Prehistoria, os seres humanos xa son sedentarios, practican a agricultura e a gandería, falamos de pedra pulida, de monumentos de pedra como dolmens e mámoas, cerámicas con barro ou arxila...estamos no NEOLÍTICO. Preparamos os nosos esquemas e buscamos informacións:

Noticias sobre o Neolítico en Galicia:
Dolmens en Vimianzo (A Coruña)
Mazas neolíticas en Outeiro de Rei (Lugo)
Terras de Pontevedra e o arte rupestre

TRABALLAMOS CON EUROS E CÉNTIMOS

Repasamos billetes e moedas en curso. Traballamos a conversión euros a céntimos, céntimos a euros. Sumamos e restamos cantidades. Vemos as posibilidades da aportar unha cantidade con diferentes billetes e moedas. Xogamos a dar cambio...
Hoxe na sesión de informática presentamos unha actividade coa que practicar:



18 de abr. de 2017

OS SENTIDOS


1.- VISTA

2.- OÍDO

3.- OLFACTO

4.- GUSTO

5.- TACTO


1.- SENTIDO DA VISTA:
 
Vocabulario: OLLOS - PÁLPEBRAS - CELLAS - PESTANAS - IRIS - PUPILA - NERVIO ÓPTICO



Visionar video desde minuto 1:30


2.- SENTIDO DO OÍDO:

Vocabulario: ORELLAS -CONDUTO ADUDITIVO - CADEA DE OSIÑOS - TÍMPANO - CARACOL - NERVIO AUDITIVO


 
Visionar video desde minuto 1:30
Enlace do capítulo EL OÍDO da serie "Érase una vez LA VIDA" (26:24)

 3.- SENTIDO DO OLFACTO:

Vocabulario: OLFACTO - FOSAS NASAIS - PITUITARIA - NERVIO OLFACTIVO
Visionar video desde minuto 1:30

 4.- SENTIDO DO GUSTO:


  Vocabulario: GUSTO - LINGUA - PAPILAS GUSTATIVAS -


Visionar video desde minuto 1:30

5.- SENTIDO DO TACTO:

Visionar video desde minuto 1:30


6 de abr. de 2017

ESTAMOS NO PALEOLÍTICO

A nosa liña do tempo toma forma...e do BIG BANG e xa na PREHISTORIA, comezamos polo PALEOLÍTICO.
Un novo video resume información sobre este período. Nós temos a información recollida nun esquema.

Tamén temos información sobre este período da Prehistoria na Península Ibérica. Destamos a importancia a nivel mundial da COVA DE ALTAMIRA descuberta no ano 1879 polas súas pinturas rupestres:

REMATAMOS TRIMESTRE

Esta última semana do trimestre estamos moi atarefadas e atarefados. Rematamos actividades, pechamos proxectos, reorganizamos materiais, realizamos autoavaliacións e facemos balance dos tres últimos meses.
Tamén aproveitamos para reflexionar sobre o traballo dos equipos. Pensamos no bo e no mellorable.
Falamos en parellas e despois por equipos.
Ao final, en gran grupo, recollemos todas as aportacións e anotamos como poden funcionar mellor os próximos equipos do último trimestre.

Traballamos o conto "El carpintero y sus herramientas"  e o video seguinte:

4 de abr. de 2017

FUNCIÓN DE RELACIÓN

En Ciencias da Natureza estamos cos previos do proxecto sobre a función de relación. Traballaremos e organizaremos a nosa información sobre os SENTIDOS, o SISTEMA NERVIOSO e o APARATO LOCOMOTOR (músculos + ósos).
Sabemos xa moitas cousas, pero temos moitas curiosidades...COMEZAMOS: