16 de mar. de 2016

UN OBRADOIRO DE DOBRAXE


Hoxe estiveron con nós na Biblioteca do centro Suso Pando e Manuel Pombal (FMEC Producións) para facer connosco un obradoiro de dobraxe. A finalidade desta actividade é contribuír a mellorar a nosa competencia oral en lingua galega dun xeito lúdico e divertido.
-Primeiro, os dous actores amosaron os pasos da elaboración dunha película, dende a creación do guión ata a dobraxe mesma, utilizando monicreques a través dun xogo dramático.
-Logo, presentaron os personaxes dun “mini capítulo” de Bob Esponxa que tiñamos que dobrar ao galego. 
-Ensaiamos o fragmento da curta, aprendendo a encaixar as nosas voces nas bocas dos personaxes.
-Finalmente fixemos as gravacións coas nosas propias voces e comprobamos os resultados.
Esta actividade foi posible coa colaboración da Concellería de Educación do noso concello.
Achegámonos ao apaixoante mundo do cine e a dobraxe, estivemos moi atentas e atentos, ademais participamos con entusiasmo.

11 de mar. de 2016

PARTICIPAMOS NO SALÓN DO LIBRO

COA ELABORACIÓN DE FICHAS SOBRE ANIMAIS FANTÁSTICOS, PARTICIPAMOS CONXUNTAMENTE CO RESTO DO COLEXIO NUN FICHEIRO. XA VOS FALARAMOS DO TRABALLO NUNHA ANTERIOR ENTRADA.
INVESTIGAMOS SOBRE ANIMAIS, BUSCAMOS CLASIFICACIÓNS E TIPOLOXÍAS, CREAMOS UN BICHO EN EQUIPOS COOPERATIVOS E ELABORAMOS A SÚA FICHA TÉCNICA.
SE QUEREDES VER OS RESULTADOS, PODEREDES ATOPALOS NO SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA.

7 de mar. de 2016

FOMOS AO TEATRO PARA ASISTIR Á REPRESENTACIÓN "LUPPO"


Hoxe os dous grupos de 3º fomos ao Teatro Principal para asistir á representación LUPPO do grupo pontevedrés Baobab. A obra recibiu o PREMIO AO MELLOR ESPECTÁCULO INFANTIL na Feira de Teatro de Ciudad Rodrigo no pasado ano 2015.  

"Luppo é un espectáculo que fala do ciclo da vida, do apego cara a ás persoas que nos rodean, en particular cara aos nosos maiores, e da importancia das historias que construímos ao longo da vida. Os actores/manipuladores comparten escenario cos personaxes, monicreques construídos integramente en cartón, ao igual que o resto da escenografía e atrezzo. O cartón, material cotián, vulgar e a priori sen atractivo, cobra relevancia en Luppo para, partindo da súa sinxeleza, definir un espazo que como a historia de Luppo, é cálido, acolledor e familiar." 
 http://www.baobabteatro.com/gl/luppo 

Chamou moita a nosa curiosidade a súa posta en escea, unhas caixas de cartón "cobraban vida" para achegar unha tenra historia. Deixamos unhas imaxes do espectáculo e do camiño de volta ao cole...tócanos comentar, debuxar e poñer en común...