Hoxe os dous grupos de 3º fomos ao Teatro Principal para asistir á representación LUPPO do grupo pontevedrés Baobab. A obra recibiu o PREMIO AO MELLOR ESPECTÁCULO INFANTIL na Feira de Teatro de Ciudad Rodrigo no pasado ano 2015.
"Luppo é un espectáculo que fala do ciclo da vida, do apego cara a ás persoas que nos rodean, en particular cara aos nosos maiores, e da importancia das historias que construímos ao longo da vida.
Os actores/manipuladores comparten escenario cos personaxes, monicreques construídos integramente en cartón, ao igual que o resto da escenografía e atrezzo. O cartón, material cotián, vulgar e a priori sen atractivo, cobra relevancia en Luppo para, partindo da súa sinxeleza, definir un espazo que como a historia de Luppo, é cálido, acolledor e familiar."
http://www.baobabteatro.com/gl/luppo
http://www.baobabteatro.com/gl/luppo
Chamou moita a nosa curiosidade a súa posta en escea, unhas caixas de cartón "cobraban vida" para achegar unha tenra historia. Deixamos unhas imaxes do espectáculo e do camiño de volta ao cole...tócanos comentar, debuxar e poñer en común...
Ningún comentario:
Publicar un comentario