25 de nov. de 2016

NAMORANDO 2016

Durante os meses de setembro e outubro traballamos as nosas emocións cun proxecto coordinado pola psicóloga Jone Ojeda e promovido pola Consellería de Educación e Igualdade do Concello de Pontevedra. Esta proposta levouse a cabo con alumnado de 4º de primaria e 4º da ESO. Durante sete venres consecutivos falamos, comentamos, debatimos, reflexionamos sobre emocións, discriminación, igualdade...

Dúas nenas e tres nenos dos nosos grupos representaron as nosas clases para axudar nun mural colaborativo e a sesión foi gravada en video. A obra realizouse o día 5 de novembro no CEIP Vidal Portela e podo verse no muro exterior do centro. Con imaxes da realización e reflexións do proxecto confecionouse o seguinte video que achega unha importante mensaxe. Esperamos que vos guste. 

https://vimeo.com/190441868

Moitas grazas Jone por todo!!!


OS SERES VIVOS NO SEU MEDIO


Diferenciamos os termos INDIVIDUO-COMUNIDADE-POBOACIÓN-ECOSISTEMA.

http://www.smlir.net/ArchivosCMS/DemoLir/SM/U5_p57_01/Organizacion%20de%20la%20naturaleza.swf



24 de nov. de 2016

25 DE NOVEMBRO -DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO-

Estes días traballamos con diferentes textos (conto, xornal, poesía, cómic, cartel...) sobre o maltrato, a discriminación e a violencia de xénero. Escoitamos, falamos, debatimos, reflexionamos sobre un problema que tristemente segue sendo noticia moitos días...Identificamos maltrato físico e maltrato psicolóxico.



http://www.slideshare.net/xianadecide/o-galo


PRACTICO A DIVISIÓN

Clicando na imaxe seguinte podemos traballar cun programa para practicar divisións:

http://www.primerodecarlos.com/TERCERO_PRIMARIA/archivos/division2.swf

 No seguinte programa temos catro niveis de división. Ata o nivel 3, as divisións teñen unha cifra no divisor.

http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2008/matematicas_primaria/numeracion/operaciones/algtradicdivi.swf
Na clase comezamos a practicar a división de dúas cifras no divisor...dentro de moi pouco, completaremos o nivel 4.  
DEBEMOS  PRACTICAR!!!


23 de nov. de 2016

DÍA INTERNACIONAL DA PALABRA


Hoxe, 23 de novembro, conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DA PALABRA. Insistimos na  necesidade do diálogo, como ferramenta fundamental para eliminar toda violencia, concienciar a toda a sociedade de que é a palabra o único camiño cara a unha paz  entre os pobos, sen discriminación de ideas políticas ou relixiosas.

Esta celebración queda en medio de outras dúas datas importantes: 20 de novembro -DÍA INTENACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA- e 25 de novembro -DÍA CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO-. 
As tres datas son motivo de reflexión nas nosas aulas estes días. Falamos de palabra, diálogo, dereitos, igualdade, discriminación, compartir, axudar, colaborar...
LAMPI remitiunos unha carta  moi especial sobre esta celebración. Coa axuda da profe Iria estivemos escollendo unha palabra de cada clase para colocar no souto da biblioteca. 
Buscamos palabras relacionadas coa natureza e co outono, fixémolo individual, por parellas, por equipos e  as máis votadas foron colocadas no tendal da biblioteca xunto coas escollidas no resto dos cursos. Tamén empregamos o dicionario.


Co programa  http://www.wordle.net/create  fixemos nubes de palabras:


Palabras fermosas


Palabras agudas con nomes de animais






20 de nov. de 2016

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA


http://www.rayuela.org/derechos/igualdad/sabias-que/
20  DE  NOVEMBRO
DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

 


11 de nov. de 2016

MAGOSTO 2017

Hoxe 11 de novembro, día de San Martiño,  celebramos o noso magosto escolar. Como en cursos anteriores, Paco con axuda do alumnado de sexto asou unhas riquísimas castañas que degustamos ao remate do recreo. 
A festa tivo tamén momentos divertidos de xogos como o da "castaña bomba" e "as castañas petrificadas" que estiveron acompañados de música e a animación da profe Lola.

Clicando no seguinte enlace podemos compartir coas familias o video montado pola "profe" Alba Blanco cun percorrido polas actividades da xornada.  



10 de nov. de 2016

OUTONO, OUTONO

Nas últimas sesións de Plástica decoramos unhas follas con tonalidades cálidas e outonais
Empregamos cartolina branca, rotulador negro e ceras coas cores precisas. 
Xa rematadas, as follas vestiron de outono as nosas clases e agora presentamos os resultados do noso traballo:



9 de nov. de 2016

O CICLO DA AUGA




A auga existe na Terra en tres estados: sólido (xeo, neve), líquido e gasoso (vapor de auga). Océanos, ríos, nubes e chuvia están en constante cambio: a auga na superficie evapórase, a agua nas nubes precipita, a chuvia fíltrase na tierra, et. A circulación e conservación da auga na Terra chámase ciclo hidrolóxico, ou ciclo da auga. Cando se formou, hai aproximadamente catro mil quinientos millóns de anos, a Terra xa tiña no seu interior vapor de auga.
https://www.youtube.com/watch?v=QDCohXW6blg
Clicando sobre a imaxe veremos un video explicativo


CURIOSIDADE, clica sobre a seguinte imaxe e averigua como se forman as pingas de chuvia :

https://www.youtube.com/watch?gl=ES&hl=es&v=JXW1TMzCqVw


2 de nov. de 2016

ACENTUACIÓN

Seguimos traballando con sílabas, diferenciamos a sílaba tónica e clasificamos palabras segundo a súa sílaba tónica. Tamén traballamos as regras de acentuación das palabras esdrúxulas, graves ("llanas") e agudas. Deixamos no blog un video, un esquema e un xogo para practicar:

https://www.youtube.com/watch?v=icTjd2BteJQ
http://www.mundoprimaria.com/juegos-lenguaje/ejercicios-agudas-llanas-esdrujulas/