Hoxe, 23 de novembro, conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DA PALABRA. Insistimos na
necesidade do diálogo, como ferramenta fundamental para eliminar toda violencia, concienciar a toda a sociedade de que é a palabra o único camiño cara a unha paz entre os pobos, sen discriminación de ideas políticas ou relixiosas.
Esta celebración queda en medio de outras dúas datas importantes: 20 de novembro -DÍA INTENACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA- e 25 de novembro -DÍA CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO-.
As tres datas son motivo de reflexión nas nosas aulas estes días.
Falamos de palabra, diálogo, dereitos, igualdade, discriminación,
compartir, axudar, colaborar...
LAMPI remitiunos unha carta moi especial sobre esta celebración. Coa axuda da profe Iria estivemos escollendo unha palabra de cada clase para colocar no souto da biblioteca.
Buscamos palabras relacionadas coa natureza e co outono, fixémolo individual, por parellas, por equipos e as máis votadas foron colocadas no tendal da biblioteca xunto coas escollidas no resto dos cursos. Tamén empregamos o dicionario.
Co programa http://www.wordle.net/create fixemos nubes de palabras:
Palabras fermosas |
Palabras agudas con nomes de animais |
Ningún comentario:
Publicar un comentario