Durante os meses de setembro e outubro traballamos as nosas emocións cun proxecto coordinado pola psicóloga Jone Ojeda e promovido pola Consellería de Educación e Igualdade do Concello de Pontevedra. Esta proposta levouse a cabo con alumnado de 4º de primaria e 4º da ESO. Durante sete venres consecutivos falamos, comentamos, debatimos, reflexionamos sobre emocións, discriminación, igualdade...
Dúas nenas e tres nenos dos nosos grupos representaron as nosas clases para axudar nun mural colaborativo e a sesión foi gravada en video. A obra realizouse o día 5 de novembro no CEIP Vidal Portela e podo verse no muro exterior do centro. Con imaxes da realización e reflexións do proxecto confecionouse o seguinte video que achega unha importante mensaxe. Esperamos que vos guste.
Moitas grazas Jone por todo!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario