Hoxe 11 de novembro, día de San Martiño, celebramos o noso magosto escolar. Como en cursos anteriores, Paco con axuda do alumnado de sexto asou unhas riquísimas castañas que degustamos ao remate do recreo.
A festa tivo tamén momentos divertidos de xogos como o da "castaña bomba" e "as castañas petrificadas" que estiveron acompañados de música e a animación da profe Lola.
Clicando no seguinte enlace podemos compartir coas familias o video montado pola "profe" Alba Blanco cun percorrido polas actividades da xornada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario