![]() |
Clicando na imaxe e poderás ver video explicativo. |
ESTE É O BLOG DAS NENAS E NENOS DE 6º DO CEIP VILAVERDE. NEL IMOS POÑER MOITAS COUSAS NOVAS ADEMAIS DAS QUE XA TEMOS DOS CURSOS ANTERIORES. SEGUIDE AS NOSAS ANDANZAS!
29 de abr. de 2016
28 de abr. de 2016
PROXECTO AQUALOXÍA
Hoxe recibimos unha visita moi especial, dous "simpáticos científicos" achegáronnos información sobre a auga. Repasamos O CICLO NATURAL DA AUGA para traballar despois sobre os usos que se fan con ela, como chega ás nosas casas, os
tratamentos que son necesarios para poder bebela ou para devolvela ao medio
natural e como aforrala.
Na pantalla seguimos a historia do ciclo urbano da auga cos personaxes de Aqualoxía. Tamén fixemos uns pequenos experimentos. Agora estamos "concienciados" e "comprometidos" coa importancia da auga e o medio ambiente...
Esta actividade foi posible coa colaboración de Aquagest e o concello de Pontevedra.
Esta actividade foi posible coa colaboración de Aquagest e o concello de Pontevedra.
25 de abr. de 2016
22 de abr. de 2016
Visitamos CALDAS DE REIS e a fábrica CLESA
Por fin chegou o día!!!
Levamos un tempiño preparando con moita ilusión a nosa saída a Caldas de Reis e a fábrica de CLESA na parroquia de Saiar. Buscamos nos mapas, en internet e tamén na prensa...queríamos ter as previsións do tempo, localizar a vila e as instalacións de CLESA nos diferentes mapas (políticos, físicos e de comunicacións), comparamos distancias e opcións por estrada ou autoestrada. Traballamos tamén coa páxina web do concello http://www.caldasdereis.com/index.php
Na vila de Caldas de Reis realizamos un pequeno percorrido polo centro coa axuda de Luís do Departamento de Cultura e Turismo do concello. Vimos unha réplica do tesouro de Caldas no Auditorio, visitamos a fonte das Burgas con dous caños e o lavadoiro de augas quente, os muíños de auga, o paseo fluvial, pontes, a onde foi a pedra da torre de Dona Urraca... e o parque coa carballeira e Xardín Botánico declarados BIC (Bens de Interese Cultural). Escoitamos explicacións de xeografía, de historia, anécdotas...tamén xogamos e merendamos.

Ás doce da mañá chegamos ás instalacións de CLESA.
Carlos Taboada e Kike Mauricio (Polo correo do vento) foron os nosos anfitrións.

Que rápido pasou a mañá!!! Cantas cousas que contar...
21 de abr. de 2016
LECTURA CONTINUADA DO QUIXOTE NA BIBLIOTECA
DESPOIS DE ESTAR TRABALLANDO TODOS ESTES DÍAS SOBRE CERVANTES E O QUIXOTE,
HOXE PARTICIPAMOS NA LECTURA CONTINUADA QUE TIVO LUGAR NA BUBLIOTECA...
HOXE PARTICIPAMOS NA LECTURA CONTINUADA QUE TIVO LUGAR NA BUBLIOTECA...
20 de abr. de 2016
O XORNAL
HOXE LAMPI FÍXONOS CHEGAR UN XORNAL DO DÍA A TRAVÉS DAS NENAS E DOS NENOS DE 6º. FOI UN SINAL PARA COMEZAR A TRABALLAR UNHA SEMANA COA PRENSA.
VEREMOS AS NOVAS MÁIS IMPORTANTES, TRABALLAREMOS SOBRE A ESTRUTURA DO XORNAL, SOBRE A ESTRUTURA DA NOTICIA, ... LEREMOS E ESCRIBIREMOS.
DAS NOTICIAS QUE MÁIS NOS CHAMAN A ATENCIÓN SON AS RELACIONADAS COAS PLANTAS (O NOSO PROXECTO NESTA QUINCENA) E EXIPTO (O PROXECTO QUE VIMOS DE REMATAR)
QUÍ VOS DEIXAMOS ENLACES DE NOVAS RELACIONADAS CON AMBAS TEMÁTICAS.
UNHA NOVA
OUTRA MÁIS
E AÍNDA OUTRA
E ESTA SOBRE EXIPTO

18 de abr. de 2016
"ROEDORES" NO PAZO DA CULTURA
Dentro dos espectáculos promovidos pola organización do Salón do Libro
está tamén o teatro.
Os grupos de 3º asistimos a representación da obra "ROEDORES" do grupo REDRUM TEATRO, que conta as aventuras do hámster Peludiño e a rata Munda. A obra tratou duns roedores que deben aprender a traballar en equipo para vencer o temido Gato. Ao final descobren que son máis parecidos do que eles pensaban e que as diferenzas os fan especiais. Na clase traballaremos a descrición dos personaxes e comentaremos a obra...
14 de abr. de 2016
CERVANTES E O SEU 400 ANIVERSARIO
TODO O COLEXIO TRABALLA SOBRE CERVANTES E O SEU CUARTO CENTENARIO... NÓS TAMÉN!
VEMOS A BIOGRAFÍA DESTE ESCRITOR, A SÚA OBRA, TRABALLAMOS SOBRE O QUIXOTE,..
ELABORAMOS A MARIONETA...
E NA FIN DESTA SEMANA FAREMOS LECTURA CONTINUADA DA OBRA LITERARIA MÁIS IMPORTANTE DE CERVANTES PARA CELEBRAR TAMÉN O DÍA DO LIBRO

12 de abr. de 2016
TRABALLAMOS SOBRE AS PLANTAS
AS PLANTAS SON AGORA A TEMÁTICA DO NOSO PROXECTO.
INVESTIGAMOS SOBRE ELAS E A SÚA IMPORTANCIA, A NALIZAMOS OS SEUS ELEMENTOS, OBSERVAMOS O CRECEMENTO E VEMOS CON MICROSCOPIO E LUPA ASPECTOS DELAS.
TEMOS UN DIARIO PARA SEGUIR O CRECEMENTO DALGUNHAS PLANTAS E UN CADERNO DE LABORATORIO PARA A OBSERVACIÓN CON LUPAS E MICROSCOPIO.
XA VOS IREMOS CONTANDO.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)