28 de abr. de 2016

PROXECTO AQUALOXÍA

Hoxe recibimos unha visita moi especial, dous "simpáticos científicos" achegáronnos información sobre a auga. Repasamos O CICLO NATURAL DA AUGA para traballar despois sobre os usos que se fan con ela,  como chega  ás nosas casas, os tratamentos que son necesarios para poder bebela ou para devolvela ao medio natural e como aforrala.
Na  pantalla seguimos a historia do ciclo urbano da auga cos personaxes de Aqualoxía. Tamén fixemos uns pequenos experimentos. Agora estamos "concienciados" e "comprometidos" coa importancia da auga e o medio ambiente...
 Esta actividade foi posible coa colaboración de Aquagest e o concello de Pontevedra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario