Por fin chegou o día!!!
Levamos un tempiño preparando con moita ilusión a nosa saída a Caldas de Reis e a fábrica de CLESA na parroquia de Saiar. Buscamos nos mapas, en internet e tamén na prensa...queríamos ter as previsións do tempo, localizar a vila e as instalacións de CLESA nos diferentes mapas (políticos, físicos e de comunicacións), comparamos distancias e opcións por estrada ou autoestrada. Traballamos tamén coa páxina web do concello http://www.caldasdereis.com/index.php
Na vila de Caldas de Reis realizamos un pequeno percorrido polo centro coa axuda de Luís do Departamento de Cultura e Turismo do concello. Vimos unha réplica do tesouro de Caldas no Auditorio, visitamos a fonte das Burgas con dous caños e o lavadoiro de augas quente, os muíños de auga, o paseo fluvial, pontes, a onde foi a pedra da torre de Dona Urraca... e o parque coa carballeira e Xardín Botánico declarados BIC (Bens de Interese Cultural). Escoitamos explicacións de xeografía, de historia, anécdotas...tamén xogamos e merendamos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario