18 de abr. de 2016

"ROEDORES" NO PAZO DA CULTURA

Dentro dos espectáculos promovidos pola organización do Salón do Libro está tamén o teatro.
Os grupos de 3º asistimos a representación da obra "ROEDORES" do grupo REDRUM TEATRO, que conta as aventuras do hámster Peludiño e a rata Munda. A obra tratou duns roedores que deben aprender a traballar en equipo para vencer o temido Gato. Ao final descobren que son máis parecidos do que eles pensaban e que as diferenzas os fan especiais. Na clase traballaremos a descrición dos personaxes e comentaremos a obra...

Ningún comentario:

Publicar un comentario