21 de xuño de 2016

AS NOSAS PINGAS PARA MELLORAR O MEDIOAMBIENTE


Despois de investigar sobre plantas invasoras e como podemos axudar nós a mellorar o noso medio...as pingas cos lemas de 3º xa están listas e acompañan ás propostas por todo o alumnado do centro. 
Foi un traballo por equipos e por grupo.
Podedes contemplalas polos corredores do centro, aquí tedes algunhas fotos de mostra:

20 de xuño de 2016

RECOLLIDA E BALANCE DO CURSO

Estes días estamos recollendo, organizando e gardando os libros e os materias empregados e os traballos feitos ao longo do curso...Moitos van xa para as nosas casas...outros seguen no cole porque serán de utilidade no próximo curso. Tamén aproveitamos para facer balance, comentar e avaliar proxectos, ilusións, amizades, cumprimento de normas, logros... Temos moita ilusión por levar a casa os nosos traballos de Plástica e as copias dos traballos que fixemos en equipo (deseño de bichos para o Salón do Libro) ou colectivo (abecedario collage).

DIARIO DE VERÁN

Pronto comezaremos as nosas vacacións de verán é unha das propostas que levamos, coma en cursos anteriores, é facer un pequeno diario (ou semanario) con anécdotas, actividades, saídas...que realicemos durante ese tempo.
O verán pasado, Diego fixo un diario con fotos e textos mensuais e actividades variadas. Hoxe recordounos a toda clase como podemos montalo.
Grazas Diego por compartir o teu traballo.

19 de xuño de 2016

FESTA FIN DE CURSO

Este sábado tivo lugar a festa fin de curso organizada pola ANPA do noso cole. Houbo variadas actuacións de baile, canto, taekondo...Despois chegou o momento de disfrutar dunha comida conxunta e pola tarde atraccións variadas, maxia, sorteo e xogo...moito xogo. Tedes aquí algunhas das fotos da festa:

16 de xuño de 2016

VISÍTANNOS OS NENOS E AS NENAS DE 2º


Como parte do PLAN DE ACOLLIDA, as nenas e os nenos de 2º viñeron coñecer as clases de 3º que ocuparán o vindeiro curso. 
Ensinámoslles materiais: as nosas libretas, os "bolis" borrables azul e vermello, os dicionarios, os corpos xeométricos, o globo terráqueo, os mapas, os libros, os contos...os nosos traballos de Plástica... Todo causou moita curiosidade e nós intentamos respostar as todas as prenguntas. 
As profes propúxeronnos unha actividade por equipos para montar uns puzzles resolvendo operacións matemáticas, falaban de buscar a media de dous números...houbo que organizarse porque había que sumar e tamén DIVIDIR...os minutos voaron e o xogo non rematou, pero chegamos ao compromiso de repartir tarefa e mañá montaremos os debuxos... 
Tamén amosamos as zonas comúns cos murais, os percherios e os aseos. 
Aquí podedes ver algunhas fotos da visita:

2 de xuño de 2016

A TERRA ESTÁ ENFERMA

Esta semana, con motivo do  DÍA DO MEDIOAMBIENTE que se celebra o próximo 5 de xuño, traballamos no cole sobre  problemas que "enferman" ao noso planeta e que afectan tanto aos animais como ás plantas, á auga dos mares e dos ríos, ao aire que respiramos...Comentamos noticias recientes relacionadas, lemos textos e visionamos curtos.

A Terra precisa da nosa colaboración para mellorar.
Buscamos posibles solucións a estes problemas...
Que podemos facer?

Escolmamos algúns dos enlaces visitados para compartir coas nosas familias:
UN CONTO CON OUTRO FINAL
UN CONTO CON OUTRO FINAL


 
CAMBIO CLIMÁTICO
CONCIENCIA AMBIENTAL

1 de xuño de 2016

RAMÓN CARIDE NA BIBLIOTECA

 Hoxe na Biblioteca do centro e por xentileza de XERAIS-ANAYA recibimos a visita do escritor RAMÓN CARIDE, autor do libro "As viaxes de Ruki" que estamos a traballar durante este trimestre.
Tivemos unha sesión moi amena. O autor comentou anécdotas sobre o seu labor como escritor e profesor, a orixe deste libro, as fermosas ilustracións do seu amigo Manuel Uhia en acuarela, falounos doutras das súas obras... É biólogo e o MEDIO-AMBIENTE e a súa conservación tamén é un tema recurrente na súa obra. Contestou a moitas das nosas curiosidades e amosámoslle os nosos debuxos dos diferentes capítulos do libro. Rematou asinando os nosos libros e cunha dedicatoria moi agarimosa no LIBRO DA BIBLIOTECA.