Estes días estamos recollendo, organizando e gardando os libros e os materias empregados e os traballos feitos ao longo do curso...Moitos van xa para as nosas casas...outros seguen no cole porque serán de utilidade no próximo curso. Tamén aproveitamos para facer balance, comentar e avaliar proxectos, ilusións, amizades, cumprimento de normas, logros...
Temos moita ilusión por levar a casa os nosos traballos de Plástica e as copias dos traballos que fixemos en equipo (deseño de bichos para o Salón do Libro) ou colectivo (abecedario collage).
Ningún comentario:
Publicar un comentario