29 de mar. de 2017

UNHA VIAXE POLA HISTORIA


En Ciencias Sociais estamos xa "mergullando" no apaixonante estudo da Historia...e comezamos polo principio...que principio? intentamos contestar a moitas preguntas sobre esos comenzos.
É difícil situar na liña do tempo os acontecementos históricos porque falamos de anos, moitos miles de anos... 

Na clase fixemos un pequeno xogo de atención que centrou toda a nosa curiosidade: visionamos un impactante VIDEO sobre a HISTORIA DA HUMANIDADE de só dous minutos con trepidantes e rápidas imaxes que serviron para ver desde a formación da galaxia, pasando pola evolución das diferentes especies...ata o fin de mundo. Despois chegou o momento de recordar e debatir sobre as imaxes.
Compartimos o video:
Video basado no conto CROMIGNON de Michael Gay da Editorial Corimbo:

24 de mar. de 2017

ANALIZADOR DE PALABRAS

Na sesión de informática desta semana presentamos o analizador de palabras situado a esquerda do blog. Podemos practicar o traballado nas últimas sesións de lingua. É moi sinxelo. O enlace é o seguinte:
http://www.educa2.madrid.org/binary/488/files97/flash.htm?numrecurso=4
E por parellas escribimos un comentario consensuado  na entrada sobre a saída ao Museo de Pontevedra.

UN ATA SEMPRE

Hoxe foi un día especial para o grupo de 4ºA.

A profe Iria, que estivo con nós durante os últimos meses, rematou as súas prácticas. Con ela traballamos moi a gusto e axudounos un montón. Queremos desexarlle o mellor e que non sexa unha despedida. Estas liñas son un ata pronto, un ata sempre...e un ABRAZO COLECTIVO...
https://goo.gl/photos/HQPov3LA5VHW6a4b9    -    SORTE PROFE E GRAZAS POR TODO

23 de mar. de 2017

VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA

Hoxe visitamos unha parte do Museo Provincial de Pontevedra.  Participamos nunha visita guiada titulada "DE NÓMADES A SEDENTARIOS" cun percorrido polas  salas dedicadas a Prehistoria e Historia Antiga de Galicia situadas no sexto edificio do museo.
Falamos de Paleolítico, Neolítico, Idade dos Metais, aparición da escritura, época romana, moedas, mámoas, castros, miliarios, petróglifos, torques, cerámica...e do tesouro de Caldas.

Liña do tempo que visitamos: Paleolítico-Época Romana
O grupo A, guiado por María, fixo o percorrido desde a época romana ata o Paleolítico.



O grupo B, dirixido por Elena,  iniciou o percorrido desde o Paleolítico ata a época romana. 
Xa temos moita información para comentar na clase e continuar o noso traballo coa Prehistoria e a Idade Antiga.


22 de mar. de 2017

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Hoxe na biblioteca, por xentileza de Edicións Xerais, recibimos a visita de Iago López Santos.

O primeiro que chamou a nosa atención foi a súa extraordinaria voz, pero agora sabemos que ademais de escribir o libro "O COCIÑEIRO MARTIÑO", Iago López é actor teatral e contacontos.

A historia que "vivimos" é un conto acumulativo, os personaxes foron aparecendo, de un en un, e axudaron a Martiño a lograr o seu fin. Nós traballamos a memoria, a comprensión e a expresión oral.

Os diferentes personaxes, interpretados por Darío, Nerea, Carlos, Natalia, Alejandra e Hugo foron entrando en acción á chamada do cociñeiro Martiño e a historia medrou de maneira colaborativa.

Foi unha sesión moi divertida, participamos con entusiasmo e pasóusenos o tempo voando. 

Velaiquí as fotos do encontro:
https://goo.gl/photos/qSu7kMhmofykaFc9A



LIÑA DO TEMPO. ENTRAMOS NA PREHISTORIA

Comezamos o noso percorrido desde os tempos máis remotos.
Falamos da liña do tempo:






Comentamos que sabemos da Prehistoria. Recordamos a nosa visita ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro.
Comezamos a recoller información nova: en textos, videos, imaxes...


 
 
Decidimos como elaborar os nosos propios esquemas e resumos sobre esta parte da historia.
Para ir "quentando motores" preparamos unha visita ao Museo de Pontevedra e traballamos co plano para situarnos.


21 de mar. de 2017

21 de MARZO - DÍA MUNDIAL DA POESÍA


Hoxe, a proposta da UNESCO,  celébrase o DÍA MUNDIAL DA POESÍA desde o ano 1999. Nas nosas aulas tamén falamos de poesía  e despois de ler a carta remitida polas nosas mascotas, Misca e Mati, traballamos con poesías, falamos de versos e de estrofas, de rimas, limos...recitamos...

Xogamos por equipos a recitar estrofas con poemas de Gloria Fuertes (1917-1998) -este ano conmemórase o centenario do seu nacemento-.


 Clicando nos poemas podedes escoitar os ensaios por equipos:

NUTRICIÓN: APARATO EXCRETOR

Comezamos  a recabar información sobre o aparato excretor e organizámola nun esquema. Na aula vimos e comentamos os seguintes videos didácticos:

Temos os catro aparatos que interveñen na nutrición nunha mesma imaxe. Comparamos e comentamos.

17 de mar. de 2017

VISITA AO XVIII SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

Hoxe visitamos o Salón do Libro de Pontevedra. Orbil, mascota do salón, agardaba na entrada para saudarnos.

Participamos en dous interesantes obradoiros:
- O grupo 4ºA asistiu a un obradoiro científico-experimental chamado banco de sementes. As monitoras Pilar e Ana do CSIC aportáronnos unha chea de información interesantísima sobre sementes. Obsevamos coas lupas binoculares mostras de variadas sementes en diferentes momentos de crecemento. En pantalla seguimos atentamente as explicacións e curiosidades das que fixéronnos partícipes. Finalmente, preparamos un tubo de recollida  co seu "desecante" de silican gel e algodón que tamén identificamos coa etiqueta correspondente ás sementes de cadaquén (xirasol, remolacha, cebada, millo e lentellas).
https://goo.gl/photos/s9ZALUT8U46ipCM49

- O grupo 4ºB participou nun obradoiro de cor para apreciar o mundo que queremos. Fixemos debuxos coas cores azul e vermella. Preparamos unha especie de lupa con "lente" vermella que "filtraba" as malas accións dos nosos debuxos. Resultounos moi entretido.
https://goo.gl/photos/68DAQxCAfeJStmoa8



A continuación dos obradoiros, fixemos unha rápida visita polas salas cos traballos escolares dos diferentes coles. Buscamos con ilusión os traballos do noso cole, especialmente, as nosas receitas ...

Tamén pasamos por diversos recunchos  reflexionando con diferentes puntos de vista sobre o mundo que queremos.

Ata o día 2 de abril podemos visitar o Salón do Libro e participar de moitas actividades, obradoiros, contacontos e lecturas variadas.
O ano próximo máis... 

Esperamos os vosos comentarios.

NOVO BUSCADOR EN INFORMÁTICA

Adicamos a sesión de informática de hoxe a coñecer un novo buscador educativo situado a esquerda do noso blog. 
Entramos en diferentes categorías e comezamos a traballar coas fraccións.



8 de mar. de 2017

APARATO CIRCULATORIO

 
En Ciencias Naturais seguimos coa nutrición. Esta semana  iniciamos o traballo co sistema circulatorio. Recordamos información e traballamos con material novo. Empregamos esquemas e/ou resumos, visionamos videos como os enlazados a continuación...
 



7 de mar. de 2017

TRABALLO CO XORNAL

Traballamos en equipos cooperativos co xornal local. Fixemos actividades con titulares, busca de datos, localización de noticias, traballos en diferentes seccións... Foi moi divertido e aproveitamos para recordar informacións traballadas sobre prensa durante o curso.




8 de MARZO - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

O Día Internacional da Muller Traballadora, tamén chamado Día Internacional da Muller, conmemora a loita da muller pola súa participación, en igualdade co home, na sociedade e no desenrolo íntegro como persoa.
A primeira celebración do Día Internacional da Muller Traballadora tivo lugar o 19 de marzo de 1911 en Alemania, Austria, Dinamarca y Suiza, e a súa conmemoración foise extendendo desde entón a numerosos países. En España, conmemorouse por primeira vez no ano 1936.   
Enlazando co traballo e as profesións -nos distintos sectores económicos- queremos que nenas e nenos teñan as mesmas posibilidades de elección de profesión, de superación no seu traballo, de igualdade salarial...

Para axudar na reflexión e no debate nas nosas clases traballamos estes días con:
- EU QUERO SER DE MAIOR, unha historia que ocorre na vila VERDOSEIRA.
- A biografía de ÁNGELES ALVARIÑO, científica galega.
- Artigos de prensa sobre problemas de desigualdade laboral.
“A igualdade de xénero é un principio constitucional que estipula que homes e mulleres son iguais ante a lei".  
Eso significa que todas as persoas temos os mesmos dereitos e deberes fronte ao Estado e a sociedade no seu conxunto. Eso debe traducirse nas mesmas oportunidades reais para ir a escola ou acceder a un traballo por exemplo.

3 de mar. de 2017

RECEITAS PARA O MUNDO QUE QUEREMOS

Como boas e bos chefs que somos, manexamos moitas receitas, comparamos diferentes modelos de presentación. 
Investigamos, enredamos, mesturamos...poñemos a nosa imaxinación a funcionar.
Practicamos con receitas individuais que limos e correximos entre toda a clase. 
Despois, cada equipo preparamos unha receita cos ingredientes traballados no xogo da tea de araña da xornada da paz. 

Os resultados son do máis saboroso e apetecible, para todas as idades, para todos os padales:


- GUISO DE DEREITOS
- HAMBURGUESA DA AMIZADE
- PIZZA DA IGUALDADE
- BISCOITO DA PAZ
- BISCOITO DE IGUALDADE
- FILLOAS DA AMIZADE
- GALLETAS CON AMOR E PAZ
- GOMINOLAS DE FELICIDADE E AMOR
- MOUSSE DO AMOR
- SUFLÉ DE BONDADE
- TARTA DA PAZ E O AMOR
- TORTA DE PAZ

Son receitas para facer O MUNDO QUE QUEREMOS.
Para máis detalles, esperade uns días e  visitade o Salón do Libro.
https://goo.gl/photos/GcZMTmmAVcFYqY7Z7


2 de mar. de 2017

EXPLORA-CIENCIA NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA

http://bibliotecadegalicia.xunta.es/documentos_biblioteca/vvirtuais/pontevedra/expo/anosa/biblioteca/index.html
Hoxe os dous grupos de 4º visitamos a Biblioteca de Pontevedra "Antonio Odriozola" para coñecer a sala infantil, a distribución das súas seccións, o seu funcionamento e o procedemento de busca de fondos. 
 
A continuación, realizamos unha actividade de achegamento ao mundo da ciencia: o obradoiro EXPLORA-CIENCIA. Empregamos o catálogo informatizado e cunhas pistas, en grupos, realizamos unha experiencia ou un experimento explicado nun libro.
Tamén visionamos na videoteca unhas reportaxes de animais da colección da biblioteca.
Toda a información compartirémola coas nosas familias.
https://goo.gl/photos/k9g7K7QVWGNAQ7hj9