Como boas e bos chefs que somos, manexamos moitas receitas, comparamos diferentes modelos de presentación.
Investigamos, enredamos, mesturamos...poñemos a nosa imaxinación a funcionar.
Practicamos con receitas individuais que limos e correximos entre toda a clase.
Despois, cada equipo preparamos unha receita cos ingredientes traballados no xogo da tea de araña da xornada da paz.
Os resultados son do máis saboroso e apetecible, para todas as idades, para todos os padales:
- GUISO DE DEREITOS
- HAMBURGUESA DA AMIZADE
- PIZZA DA IGUALDADE
- BISCOITO DA PAZ
- BISCOITO DE IGUALDADE
- FILLOAS DA AMIZADE
- GALLETAS CON AMOR E PAZ
- GOMINOLAS DE FELICIDADE E AMOR
- MOUSSE DO AMOR
- SUFLÉ DE BONDADE
- TARTA DA PAZ E O AMOR
- TORTA DE PAZ
Son receitas para facer O MUNDO QUE QUEREMOS.
Para máis detalles, esperade uns días e visitade o Salón do Libro.
https://goo.gl/photos/GcZMTmmAVcFYqY7Z7
Quedaron moi chulas!!! Houbo que plastificar algunha de novo, pero quedaron moi ben.
ResponderEliminarMoi chulas as receitas. No Salón do Libro van flipar!!!!!!!
ResponderEliminarNoraboa! Quedou un traballo estupendo
ResponderEliminarQuedaron xenial, cando estean no salón do libro a xente vai flipar dos nosos disfraces e das receitas tan boas que fixemos. Este traballo quedou xenial, non xenial non, estupendo!
ResponderEliminarQuedaron moi chulas no salón do libro!!!
ResponderEliminarQuedaron moi chulas as receitas. O que máis me gustou foi inventala e pintar o debuxo.
ResponderEliminar