Hoxe visitamos o Salón do Libro de Pontevedra. Orbil, mascota do salón, agardaba na entrada para saudarnos.
Participamos en dous interesantes obradoiros:
Participamos en dous interesantes obradoiros:
- O grupo 4ºA asistiu a un obradoiro científico-experimental chamado banco de sementes. As monitoras Pilar e Ana do CSIC aportáronnos unha chea de información interesantísima sobre sementes. Obsevamos coas lupas binoculares mostras de variadas sementes en diferentes momentos de crecemento. En pantalla seguimos atentamente as explicacións e curiosidades das que fixéronnos partícipes. Finalmente, preparamos un tubo de recollida co seu "desecante" de silican gel e algodón que tamén identificamos coa etiqueta correspondente ás sementes de cadaquén (xirasol, remolacha, cebada, millo e lentellas).
https://goo.gl/photos/s9ZALUT8U46ipCM49
https://goo.gl/photos/s9ZALUT8U46ipCM49
- O grupo 4ºB participou nun obradoiro de cor para apreciar o mundo que queremos. Fixemos debuxos coas cores azul e vermella. Preparamos unha especie de lupa con "lente" vermella que "filtraba" as malas accións dos nosos debuxos. Resultounos moi entretido.
https://goo.gl/photos/68DAQxCAfeJStmoa8
A continuación dos obradoiros, fixemos unha rápida visita polas salas cos traballos escolares dos diferentes coles. Buscamos con ilusión os traballos do noso cole, especialmente, as nosas receitas ...
Tamén pasamos por diversos recunchos reflexionando con diferentes puntos de vista sobre o mundo que queremos.
https://goo.gl/photos/68DAQxCAfeJStmoa8
A continuación dos obradoiros, fixemos unha rápida visita polas salas cos traballos escolares dos diferentes coles. Buscamos con ilusión os traballos do noso cole, especialmente, as nosas receitas ...
Tamén pasamos por diversos recunchos reflexionando con diferentes puntos de vista sobre o mundo que queremos.
Ata o día 2 de abril podemos visitar o Salón do Libro e participar de moitas actividades, obradoiros, contacontos e lecturas variadas.
O ano próximo máis...
Esperamos os vosos comentarios.
Me encantó el taller de semillas, pero la visita por las salas me parecio muy corta.
ResponderEliminarEncantoume a visita ao Salon do Libro, foi moi entretida.
ResponderEliminarO taller das semillas foi moi chulo.A exposición tamén.
ResponderEliminarEncantoume o experimento das cores vermellas e azuis , e tamén estivo xenial todos os traballos do salón do libro do mundo queremos, estivo super interesant,supoño que outro día volverei coa miña familia.
ResponderEliminarEncantoume o experimento das sementes, foi moi chulo.
ResponderEliminar