22 de mar. de 2017

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Hoxe na biblioteca, por xentileza de Edicións Xerais, recibimos a visita de Iago López Santos.

O primeiro que chamou a nosa atención foi a súa extraordinaria voz, pero agora sabemos que ademais de escribir o libro "O COCIÑEIRO MARTIÑO", Iago López é actor teatral e contacontos.

A historia que "vivimos" é un conto acumulativo, os personaxes foron aparecendo, de un en un, e axudaron a Martiño a lograr o seu fin. Nós traballamos a memoria, a comprensión e a expresión oral.

Os diferentes personaxes, interpretados por Darío, Nerea, Carlos, Natalia, Alejandra e Hugo foron entrando en acción á chamada do cociñeiro Martiño e a historia medrou de maneira colaborativa.

Foi unha sesión moi divertida, participamos con entusiasmo e pasóusenos o tempo voando. 

Velaiquí as fotos do encontro:
https://goo.gl/photos/qSu7kMhmofykaFc9A



4 comentarios: