22 de dec. de 2016

REMATAMOS O TRIMESTRE

Un trimestre remata, e con el o ano.
Tivemos uns meses cheos de aprendizaxes e novidades.
Imos descansar para regresar con novos folgos.
Resultado de imagen de FELIZ ANO NOVO GIF

21 de dec. de 2016

CHOCOLATADA 2016


Chegou o día, remata o primeiro trimestre e como é tradición celebramos a gran chocolatada. Houbo movemento desde primeira hora da mañá. Nas nosas clases recolléronse as tarxetas e as árbores de Nadal...Xa quedaba menos!


Despois do recreo,todo estaba preparado e o alumnado de 6º encargouse de repartir o chocolate
acompañado de rosca. RIQUÍSIMO!!!


Tamén recibimos a visita do APALPADOR acompañado polo coro do cole.

20 de dec. de 2016

FELICITACIÓN E TARXETAS DE NADAL

Os últimos días do trimestre estivemos moi atarefadas e atarefados rematando traballos. Como anunciamos nunha entrada anterior do blog, ademais da elaboración de tarxetas, preparamos entre o texto dunha tarxeta para as nosas familias e unha tarxeta para unha compañeira ou un compañeiro que faremos chegar nuns días ... a sorpresa está asegurada. 





Recordamos as partes dun texto-carta, fixemos un borrador na libreta, puxemos os datos no enderezo no sobre, averiguamos o custe do selo nas tarifas de correo. 


Agora toca esperar, falaremos dos resultados en xaneiro.

AS NOSAS ÁRBORES DE NADAL


Nos últimos días, nas sesións de Plástica preparamos un agasallo para decorar as nosas casas polo Nadal.



Precisamos:
- Piñas -conseguímolas dalgún veciño, dalgún avó, dalgún familiar...e ata compradas en bazar-
- Barro.
- Pintura acrílica: verde, dourada e vermella.
- Pompóns de cores.
E por suposto, moita ILUSIÓN e moita PACIENCIA.


Os resultados compensaron o noso esforzo:





16 de dec. de 2016

OS CÍRCULOS DE KANDINSKY


 A partir da lectura do libro EL SONIDO DE LOS COLORES coñecimos algo máis sobre Kandinsky, precusor do arte abstracto

Nas sesións de Matemáticas e de Ed. artística falamos de círculos, radios, circunferencias, cordas...e despois de ver diferentes obras do autor e adaptacións inspiradas na súa obra, montamos de maneira cooperativa un taller de recortado con círculos de diferentes tamaños.











Practicamos diferentes combinacións coloridas de círculos concéntricos. 




Cadaquén recortou un tronco e combinando os círculos montamos "unha árbore de felicitación coas nosas árbores".  

O resultado está exposto no noso corredor do cole, pero podedes aprecialo nas seguintes imaxes:





14 de dec. de 2016

VISITA DE DOUS XOGADORES DO PONTEVEDRA CF

       Hoxe dous xogadores do CF Pontevedra, Mario Barco e Javier Bonilla, achegáronse ao noso cole para contestar algunhas das nosas curiosidades, recibir ao noso entusiasmo por o equipo da cidade -que ademais celebra o seu 75 aniversario neste ano- e  achegarnos ao seu deporte. Quedou de manifesto que entre o noso alumnado hai unha grande afeción polo equipo local...

9 de dec. de 2016

TARXETAS ARTÍSTICAS


Estes días deseñamos tarxetas moi especiais...queremos que sexan diferentes e buscamos inspiración. Vimos unha presentación na pantalla sobre "tarxetas con arte". A continuación, centramos a nosa atención na obra do pintor francés Henri Matisse






Limos a obra LAS TIJERAS DE MATISSE que causounos moita curiosidade e atopamos máis información... 
Con cartolinas de cores e unhas tesoiras puxemos a "funcionar" a nosa imaxinación e saíron diferentes combinacións que usaremos como tarxeta de felicitación. 







Nos próximos días traballaremos sobre os textos que poden levar as tarxetas.

Con todos os deseños faremos unha pequena montaxe e nuns días veremos os resultados...

1 de dec. de 2016

ANIMACIÓN LECTORA

Hoxe divertímonos moito cunha sesión de animación lectora e  contacontos a cargo do actor e director de teatro Manuel Solla Barragáns -que ademáis é de Mourente-. 
Esta actividade chega despois do traballo que realizamos co libro "¡QUÉ ASCO DE BICHOS! UN COCODRILO ENORME" de Roald Dahl publicado por Alfaguara-Santillana, a quen debemos esta animación.

O libro encantounos, fixemos actividades de rimas, de velocidade lectora, de interpretación, de plástica...falamos de "bichería"  -Salón do Libro de Po-, do centenario do nacemento de Roald Dahl neste ano 2016, das coñecidas ilustracións de Quentin Blake, das versións cinematográficas...

Nas fotos recollemos momentos con actividades individuais, por parella, en equipos, tamén de actividades de interpretación, de debuxo, de rima...e rematamos con  MAXIA. Manuel Solla animounos a ser grandes lectoras e lectores, a "gardar palabras", a tratar con respeto os libros e a visitar as nosas bibliotecas