Hoxe divertímonos moito cunha sesión de animación lectora e contacontos a cargo do actor e director de teatro Manuel Solla Barragáns -que ademáis é de Mourente-.
Esta actividade chega despois do traballo que realizamos co libro "¡QUÉ ASCO DE BICHOS! UN COCODRILO ENORME" de Roald Dahl publicado por Alfaguara-Santillana, a quen debemos esta animación.
O libro encantounos, fixemos actividades de rimas, de velocidade lectora, de interpretación, de plástica...falamos de "bichería" -Salón do Libro de Po-, do centenario do nacemento de Roald Dahl neste ano 2016, das coñecidas ilustracións de Quentin Blake, das versións cinematográficas...
Nas fotos recollemos momentos con actividades individuais, por parella, en equipos, tamén de actividades de interpretación, de debuxo, de rima...e rematamos con MAXIA. Manuel Solla animounos a ser grandes lectoras e lectores, a "gardar palabras", a tratar con respeto os libros e a visitar as nosas bibliotecas
Ningún comentario:
Publicar un comentario