23 de xuño de 2017

REMATAMOS AS CLASES

HOXE REMATAMOS AS CLASES E COMEZAMOS AS VACACIÓNS.
O VINDEIRO CURSO VERÉMONOS EN 5º
Imagen relacionada

CONTA ATRÁS

   Últimos días, últimas horas en CUARTO:
- Recollemos materiais,  lemos a carta despedida de curso das nosas mascotas, algún compañeiro e compañeira mostrou os seus traballos do verán pasado para animarnos a facer algo parecido, visitamos as aulas de 5º, rematamos últimos traballos.
 
- Actuamos, rapeamos, bailamos,  recibimos a visita da profe Iria, merendamos...
Clica para ver máis imaxes
Tamén posamos en grupo e houbo bicos e apertas para repartir. Non faltaron APERTAS COLECTIVAS.
Clica imaxe para ver máis fotos

No patio todo o alumnado e profesorado asistimos as actuacións do grupo de percusión "Os Village Verdes" e o coro "Fisterra" e os bailes e raps de diferentes grupos.
Clica na imaxe para ver máis fotos

O verán está aquí...haberá diversión, lectura, diarios de verán, sol e praia, deporte e pronto comentaremos novas anécdotas, pero estaremos xa en QUINTO.

POESIANDO A GLORIA FUERTES

Xa podemos disfrutar da montaxe coas poesías de Gloria Fuertes traballadas en 4º de Primaria. Recitamos na biblioteca CÓMO SE DIBUJA UN CASTILLO e CÓMO SE DIBUJA UNA TORMENTA. Recordamos agora aquel traballo que resultou moi gratificante como labor de equipo e de grupo :
Poesiando a Gloria Fuertes: 4º de Educación Primaria from CEIP Vilaverde-Mourente on Vimeo.
Grazas profe Alba 😉👏👏👏

21 de xuño de 2017

VISITAMOS AS AULAS DE 5º


Este curso vai rematando e, xa cun pe no verán, hoxe visitamos as aulas de 5º A e 5ºB.
Fomos coñecer como se traballa, cales son os materiais e comentamos co alumnado que tal lles foi durante este ano escolar. Teñen axendas diferentes as nosas, traballan co xornal todas as semanas, tamén teñen libretas cuadriculadas e raiadas, pero o que máis chamou a nosa atención e curiosidade son os ORDENADORES PERSOAIS
Explicáronnos as dificultades atopadas e como aprenderon a manexarse coa teconoloxía, practicamos algunha que outra cousiña (xogos tamén), preguntamos, escoitamos, compartimos...e agradecimos o tempo que pasaron con nós.
Clica para ver as imaxes
 Clica na imaxe para ver máis fotos

13 de xuño de 2017

MÁIS SOBRE CASARES

Xa temos o video coa montaxe da celebración das Letras Galegas 2017 adicada a CARLOS CASARES. Intervén todo o alumnado de infantil e primaria do centro.

Clica na imaxe para ver o video
Grazas profe Alba 😉.

Nestes días o grupo de 4ºB está a representar a obra A GALIÑA AZUL que prepararon con moito entusiasmo. Onte, luns 12 de xuño, actuaron na biblioteca para o alumnado de infantil. Hoxe tocoulle ao alumnado de 4ºA asistir como espectadores e darlles a noraboa 😊 .
 

Temos xa rematadas as ilustracións do conto A FORMIGA ESQUIADORA. Podemos ver unha mostra nas seguintes imaxes:

9 de xuño de 2017

VISITA Á CASA DO PATRÓN

Hoxe foi un día moi especial. Visitamos o Museo Etnográfico Casa do Patrón en Codeseda no concello de Lalín.


Realizamos unha visita-guiada polos tres edificios que compoñen o museo. Vanesa e Lola explicáronnos con moito detalle e cariño moita información sobre os oficios tradicionais, a taberna, a cociña, os cuartos da casa, artes tradicionais, detalles dunha escola antiga..."tocamos" un anaco da historia, unha mostra de como era a vida dos nosos avós e bisavós...algo tan próximo e tan lonxano.

- Lola estivo a cargo do obradoiro de pan. Visitamos previamente unha sala con información sobre diversos procesos agrícolas como o do viño e todo o proceso de pan -desde a sementeira ata a cocidos en forno de madeira tradicional-...e moito máis...cortizas, balanzas...todo causou en nós moitísima curiosidade.

   Seguimos todo o proceso de elaboración dun bolo de pan. Coa axuda da reportaxe gráfica podemos recordar toda a información aprendida.

Máis fotos clicando no enlace

-  Tamén houbo unha pausa para merendar cando chegamos e outra para xantar antes da ruta. Compartimos momentos divertidos á sombra dun piñeiral.

-  E chegou unha pequena camiñata que levounos ata o Castro de Doade. Tivemos a enorme sorte de ver  o foso descuberto hai pouquiño, esta tarde está previsto tapalo para a súa protección. Seguimos con moitísimo interese as explicacións de Luis e fixemos moitas preguntas. Falouse de excavacións, arqueólogos, muralla, fosos, catas, mostras, georradares, teas geotextiles...recolléronse restos que serán expostos no museo e xa comezouse a facer unha réplica da casa máis grande do castro pegada ao edificio principal do museo.


-  Rodeamos todo o castro nun agradable paseo e Luis foi comentando detalles sobre a flora: xestas, codeso -o lugar chámase Codeseda-, abeloura ou herba de San Xoán, o sabugueiro, ortiga, menta...

-  Despedímonos de Lola, Vanesa e Luis agradecendo o seu labor e as atencións recibidas. Gustounos moito esta saída.  











 Clica para ver máis fotos

Xa estamos pensando en repetir para ver máis novidades arqueolóxicas...din que queda moito traballo por facer, ver como remata a a réplica da casa castreña ou participar dalgún outro obradoiro. Ata pronto!!!



A ROMANIZACIÓN

Atopamos máis información nos libros da biblioteca escolar.
Tamén enlazamos algúns  videos que intentaron respostar a moitas das nosas preguntas: como ardeu Numancia, como era unha vila romana, como chegaba a auga polo Acueducto de Segovia...

8 de xuño de 2017