9 de xuño de 2017

VISITA Á CASA DO PATRÓN

Hoxe foi un día moi especial. Visitamos o Museo Etnográfico Casa do Patrón en Codeseda no concello de Lalín.


Realizamos unha visita-guiada polos tres edificios que compoñen o museo. Vanesa e Lola explicáronnos con moito detalle e cariño moita información sobre os oficios tradicionais, a taberna, a cociña, os cuartos da casa, artes tradicionais, detalles dunha escola antiga..."tocamos" un anaco da historia, unha mostra de como era a vida dos nosos avós e bisavós...algo tan próximo e tan lonxano.

- Lola estivo a cargo do obradoiro de pan. Visitamos previamente unha sala con información sobre diversos procesos agrícolas como o do viño e todo o proceso de pan -desde a sementeira ata a cocidos en forno de madeira tradicional-...e moito máis...cortizas, balanzas...todo causou en nós moitísima curiosidade.

   Seguimos todo o proceso de elaboración dun bolo de pan. Coa axuda da reportaxe gráfica podemos recordar toda a información aprendida.

Máis fotos clicando no enlace

-  Tamén houbo unha pausa para merendar cando chegamos e outra para xantar antes da ruta. Compartimos momentos divertidos á sombra dun piñeiral.

-  E chegou unha pequena camiñata que levounos ata o Castro de Doade. Tivemos a enorme sorte de ver  o foso descuberto hai pouquiño, esta tarde está previsto tapalo para a súa protección. Seguimos con moitísimo interese as explicacións de Luis e fixemos moitas preguntas. Falouse de excavacións, arqueólogos, muralla, fosos, catas, mostras, georradares, teas geotextiles...recolléronse restos que serán expostos no museo e xa comezouse a facer unha réplica da casa máis grande do castro pegada ao edificio principal do museo.


-  Rodeamos todo o castro nun agradable paseo e Luis foi comentando detalles sobre a flora: xestas, codeso -o lugar chámase Codeseda-, abeloura ou herba de San Xoán, o sabugueiro, ortiga, menta...

-  Despedímonos de Lola, Vanesa e Luis agradecendo o seu labor e as atencións recibidas. Gustounos moito esta saída.  











 Clica para ver máis fotos

Xa estamos pensando en repetir para ver máis novidades arqueolóxicas...din que queda moito traballo por facer, ver como remata a a réplica da casa castreña ou participar dalgún outro obradoiro. Ata pronto!!!



4 comentarios:

  1. Hola a excursión a Lalín, encantoume foi a mellor excursión do ano. Paseino xenial, o que máis me gustou foi o obradoiro de pan. Tivemos moita sorte en ver o foso antes de que o taparan. Vin tan cansa da excursión que ata quedeime durmida un ratiño. Un saúdo Carla

    ResponderEliminar
  2. Encantoume a excursión, foi a mellor.PASEINO XENIAL!!!!a min igual que a Carla o que máis me gustou foi o obradoiro do pan, tamén o senderismo pero tivemos moita calor. A profe ten razón, foi unha sorte poder ver o foso antes de que o taparan. As profes elexiron unha saída xenial.UN SUPER SAÚDO PAULA ;)

    ResponderEliminar
  3. Foi bastante divertido

    ResponderEliminar
  4. A excursión foi moi chula e divertida, gustoume moito e a parte mais divertida para min foi cando fixemos a ruta de sendeirismo. Un GRAN saudo Sofía:)

    ResponderEliminar