25 de maio de 2017

LECTURA TEATRALIZADA DE GLORIA FUERTES

Chegou a  nosa clase o libro "El perro Picatoste" de Gloria Fuertes. Escollimos o capítulo coa obriña de teatro LOBATO LOBATÍN Y CAPERUCITA EN EL JARDÍN para interpretar na nosa biblioteca. Tiñamos tres personaxes: Carapuchiña, Lobato-Lobatín e a avoa. Toda a clase participou das interpretacións, houbo menos Carapuchiñas que lobos, unha concentrada avoa, un serio narrador...resultou moi divertido e puxemos moito interese e como mostra as imaxes seguintes:

24 de maio de 2017

MUSEO DO MAR

Hoxe  visitamos ao Museo do Mar de Galicia en Vigo. Nada máis chegar fixemos dous grupos para seguir aos nosos monitores: Jose e Sonia.
Recollemos  imaxes destas actividades que  axuden a lembrar toda a información recibida e poder compartila entre os dous grupos e as nosas familias.


-  O grupo de 4ºA participou da actividade de ARQUEOLOXÍA. UNHA CIENCIA POR DESCUBRIR seguindo as explicacións do monitor José Acuña e rematamos cunha visita ao acuario.
Fotos obradoiro arqueoloxía

-  O grupo de 4ºB visitou o acuario e seguidamente participou da actividade VIAXE AO MUNDO SUBMARINO a cargo da monitora Sonia.
Fotos obradoiro submarinismo

No acuario  puidemos observar diferentes especies mariñas que habitan a nosa costa galega.

  

Fotos acuario

O recreo e a merenda realizouse a sombra dunhas árbores xunto a praia de Samil. O día soleado e con temperaturas que pasaron dos 30º fiixonos sentir certa envexa das persoas que estaban bañándose...pero merendamos e compartimos moitos xogos e confidencias. Foi un día estupendo!!!
Fotos descanso Samil

ENTRAMOS NA IDADE ANTIGA

Coa escritura deixamos atrás a PREHISTORIA e damos comezo a HISTORIA.
Entramos na IDADE ANTIGA. E centrámonos na Península Ibérica.
Falamos de iberos, celtas e celtiberos. Comentamos tamén sobre pobos colonizadores como fenicios e cartaxineses.  Lemos, investigamos, visionamos video, temos esquemas...



23 de maio de 2017

SIMULACRO DE EVACUACIÓN

Hai uns días que vimos repasando como actuar no caso dunha emerxencia. Estaba previsto un simulacro nesta semana. Traballamos a historia "Un mal día", localizamos as sinais coas saídas marcadas nos corredores, vimos o plano co camiño marcado que temos na clase, practicamos o percorrido, a marcha das filas, a situación no punto de encontro, o reconto do alumnado, ventás pechadas...comentamos posibles emerxencias...e chegou o día.
Todo o cole realizamos unha evacuación do centro co simulacro dun incendio. Por sorte...todo foi un simulacro e non rematou como a historia.
Como curiosidade, algunhas fotos dos previos e do simulacro de hoxe ás 10 da mañá:

19 de maio de 2017

CERTAME DE POESÍAS

Hoxe os grupos de 3º e 4º xuntámonos no corredor de 3º para recitar as poesías gañadoras do XXV CERTAME DE POESÍA con motivo da celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017. Tamén asistimos a interpretación dos raps ensaiados por varios grupos destes niveis.

Antes do recreo todo o alumnado e profesorado de Infantil asistiu no patio a interpretación dos poemas por aulas coas actuacións do coro Fisterra e algúns dos raps ensaiados en Primaria. Despois do recreo, foi o momento para o alumnado de Primaria, asistimos no patio as lecturas dos poemas premiados. Os gañadores recibiron dipolomas e agasallos polas súas poesías. Actuou o coro do colexio Fisterra con dúas fermosas interpretacións.

Tamén houbo premios para os mellores raps interpretados nos diferentes niveis.

Fotos XXV Certame Poesía Infantil e Primaria

16 de maio de 2017

CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe co gallo da celebración do Día das Letras Galegas  asistimos  ao concerto de Pablo Díaz e o seu Tic Tac Toc. Foi unha actividade especial compartida por todo o alumnado e o profesorado do cole.
Os grupos de 4º traballamos na clase de Música, de maneira especial, a canción do raposo.

20170516 - Fotos do concerto
Montaxe visual do Concerto de Pablo Díaz TICTACTOC

12 de maio de 2017

SISTEMA LOCOMOTOR

Estudiamos ósos e músculos. Diferenciamos ósos e articulacións. Localizamos os ósos máis importantes do esqueleto.




6 de maio de 2017

XXIII CROSS ESCOLAR VILAVERDE


Hoxe, sábado 6 de maio, celebrouse a edición XXIII do CROSS ESCOLAR do CEIP Vilaverde-Mourente organizada pola ANPA do centro. Houbo 375 participantes entre o alumnado e as familias do noso cole e doutros centros como o CEIP de Marcón, Xunqueira Nº 1, Xunqueira Nº2, EEI Fina Casalderrey, CEIP Manuel Vidal Portela, IES Frei Martín Sarmiento, IES Luís Seoane...

O alumnado de 3º e 4º participaba na categoría BENXAMÍN. O máis importante a ilusión compartida e o esforzo demostrado.
NORABOA!!!

Velaquí as primeiras fotos dos benxamín das que dispoñemos:

4 de maio de 2017

LETRAS GALEGAS 2017

Este ano 2017, a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas é Carlos Casares. Será o protagonista nesta quincena de moitas actividades e lecturas nas nosas aulas. Traballaremos a súa biografía e coñeceremos algunhas das súas obras.

Tamén participaremos, un ano máis, no Certame de Poesía do cole. Este ano xa é o vixésimo quinto ano de celebración...Levamos xa uns días dándolle voltas as rimas e propoñendo diferentes ideas para montar as nosas poesías.
XXV CERTAME DE POESÍA