
Hai uns días que vimos repasando como actuar no caso dunha
emerxencia. Estaba previsto un simulacro nesta semana. Traballamos a historia
"Un mal día", localizamos as sinais coas saídas marcadas
nos corredores, vimos o plano co camiño marcado que temos na clase,
practicamos o percorrido, a marcha das filas, a situación no punto de
encontro, o reconto do alumnado, ventás pechadas...comentamos posibles emerxencias...e
chegou o día.
Todo o cole realizamos unha evacuación do centro co simulacro dun incendio. Por sorte...todo foi un simulacro e non rematou como a historia.
Como curiosidade, algunhas fotos dos previos e do simulacro de hoxe ás 10 da mañá:
O simulacro foi bastante nervioso, pero fixémolo moi rápido e estivemos moi pouco tempo fóra.
ResponderEliminar