Hoxe os grupos de 3º e 4º xuntámonos no corredor de 3º para recitar
as poesías gañadoras do XXV CERTAME DE POESÍA con motivo da celebración do
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017. Tamén asistimos a interpretación dos raps ensaiados por varios grupos destes niveis.
Antes do recreo todo o alumnado e profesorado de Infantil asistiu no patio a interpretación dos poemas por aulas coas actuacións do coro Fisterra e algúns dos raps ensaiados en Primaria. Despois do recreo, foi o momento para o alumnado de Primaria, asistimos no patio as lecturas dos poemas premiados. Os
gañadores recibiron dipolomas e agasallos polas súas poesías. Actuou o coro do colexio Fisterra con dúas fermosas interpretacións.
Tamén houbo premios para os mellores raps interpretados nos diferentes niveis.
Fotos XXV Certame Poesía Infantil e Primaria
Felicidades a todo o alumnado participante polo esforzo e ilusión demostrado.
ResponderEliminar