24 de maio de 2017

MUSEO DO MAR

Hoxe  visitamos ao Museo do Mar de Galicia en Vigo. Nada máis chegar fixemos dous grupos para seguir aos nosos monitores: Jose e Sonia.
Recollemos  imaxes destas actividades que  axuden a lembrar toda a información recibida e poder compartila entre os dous grupos e as nosas familias.


-  O grupo de 4ºA participou da actividade de ARQUEOLOXÍA. UNHA CIENCIA POR DESCUBRIR seguindo as explicacións do monitor José Acuña e rematamos cunha visita ao acuario.
Fotos obradoiro arqueoloxía

-  O grupo de 4ºB visitou o acuario e seguidamente participou da actividade VIAXE AO MUNDO SUBMARINO a cargo da monitora Sonia.
Fotos obradoiro submarinismo

No acuario  puidemos observar diferentes especies mariñas que habitan a nosa costa galega.

  

Fotos acuario

O recreo e a merenda realizouse a sombra dunhas árbores xunto a praia de Samil. O día soleado e con temperaturas que pasaron dos 30º fiixonos sentir certa envexa das persoas que estaban bañándose...pero merendamos e compartimos moitos xogos e confidencias. Foi un día estupendo!!!
Fotos descanso Samil

4 comentarios:

  1. Paco e Héctor V.26/05/17, 13:01

    Gustounos moito os peixes, eran moi interesantes.Os tiburóns molaron mogollón!Aprendimos moitas cousas.Houbo un neno que tragou helio e molou moitíííííííííííííííísimo!

    ResponderEliminar
  2. Encantoume a excursión sobre todo o acuario. Tamén a merenda en Samil e o do Alejandro co helio.Foi xenial!!!

    ResponderEliminar
  3. Elsa Sandra26/05/17, 16:04

    Hola, son Elsa de 4ºB, o mércores fun a unha excursión con todos os nenos e nenas de 4º ao Museo do Mar...Foi unha excursión increíble!
    HOLA! Son Sandra, as fotos moi chulas, encantoume ir ao museo, unha experiencia xenial. Un biquiño para as profes que fixeron posible este día. Bicos de SANDRA E ELSA.

    ResponderEliminar
  4. Hola, a excursión ao Museo do Mar foi xenial,gustoume moito o obradoiro que nos tocou aos nenos e as nenas de 4ºA. Gustoume ver o castro. Encantoume cando o monitor falou da falcata, aida que levei un susto co que fixeron interpretar a Sofía e Alexandre. Logo fumos a almorzar ata Samil. As profes deixáronnos xogar un ratiño e por ultimo regresamos ao colexio. Estivo moi ben. Un saúdo.

    ResponderEliminar