23 de dec. de 2017

REMATAMOS O TRIMESTRE

E REMATAMOS CUNHA CHOCOLATADA E COA VISITA DO APALPADOR

https://photos.app.goo.gl/6d9TzeBLyOVaBrjE3

18 de out. de 2017

O UNIVERSO E A TERRA, UNHA TEMÁTICA APAIXOANTE.

SABEDES COMO SE FORMOU O SISTEMA SOLAR?
Resultado de imagen de big bang explosion

COÑECEDES OS ASTROS DO UNIVERSO?
Resultado de imagen de ASTROS DO UNIVERSO

POIS NÓS ESTAMOS INVESTIGANDO SOBRE TODO ISO.
AXUDÁDESNOS?

17 de out. de 2017

INVESTIGAMOS SOBRE A CÉLULA

ESTIVEMOS APRENDENDO SOBRE AS CÉLULAS.
VIMOS QUE AS CÉLULAS VEXETAIS E AS ANIMAIS SON DIFERENTES.
ELABORAMOS DESPOIS MAQUETAS COAS CÉLULAS USANDO MATERIAL DE REFUGALLO.
XA VOS AMOSAREMOS OS RESULTADOS

16 de out. de 2017

ANTÍO PRESÉNTANOS O SAMAÍN

ANTÍO QUERE CELEBRAR O SAMAÍN E NÓS ESTAMOS APRENDENDO QUE É ESA FESTA E COMO E CANDO SE CELEBRA.

Resultado de imagen de SAMAÍN

- INFORMÁMONOS
- LEMOS TEXTOS VARIADOS
- ELABORAMOS ADONOS PARA A BIBLIOTECA DE LAMPI
- FACEMOS APÓCEMAS E CONXUROS

5 de out. de 2017

E CHEGOU ANTÍO UN CURSO MÁIS

ANTÍO, A MASCOTA DO OUTONO, CHEGOU.
DESTA VEZ PÍDENOS INVESTIGAR SOBRE O SAMAÍN NUNHA CARTIÑA QUE NOS DEIXOU GARDADA NUN SOBRE NEGRO.

ESTÁ MOI DECIDIDO A CELEBRAR O SAMAÍN, TANTO QUE XA ONTE PUXO UN SOMBREIRO DE BRUXA.
SEGUIRÁ DISFRAZÁNDOSE?


OS SERES VIVOS E AS DIVERSAS FORMAS

INVESTIGAMOS SOBRE OS SERES VIVOS E OBSERVAMOS CÉLULAS
Resultado de imagen de SERES VIVOS E CÉLULAS

QUE CURIOSO E INTERESANTE TODO!




3 de out. de 2017

O UNIVERSO E A ORIXE DA TERRA

ESTES DÍAS APRENDEMOS SOBRE A ORIXE DA TERRA E O UNIVERSO.
QUE IMAXES MÁIS BONITAS VIMOS!
Resultado de imagen de UNIVERSO BIG BAN

Imagen relacionada





12 de set. de 2017

1º DÍA NAS NOVAS CLASES

ESTE CURSO TEMOS MOITAS NOVIDADES:
- USAMOS NETBOOK
- TRABALLAMOS POR CONTEXTOS OU ÁMBITOS
- ORGANIZAMOS O MATERIAL DE XEITO DIFERENTE





10 de set. de 2017

E XA EN 5º!

O 11 de setembro comezamos QUINTO!
Haberá moitas novidades: ordenadores portátiles individuais, aulas por ámbitos, novas aprendizaxes, axenda diferente,...
Teremos carta da mascota? Saberá onde remitila?
Imagen relacionada

23 de xuño de 2017

REMATAMOS AS CLASES

HOXE REMATAMOS AS CLASES E COMEZAMOS AS VACACIÓNS.
O VINDEIRO CURSO VERÉMONOS EN 5º
Imagen relacionada

CONTA ATRÁS

   Últimos días, últimas horas en CUARTO:
- Recollemos materiais,  lemos a carta despedida de curso das nosas mascotas, algún compañeiro e compañeira mostrou os seus traballos do verán pasado para animarnos a facer algo parecido, visitamos as aulas de 5º, rematamos últimos traballos.
 
- Actuamos, rapeamos, bailamos,  recibimos a visita da profe Iria, merendamos...
Clica para ver máis imaxes
Tamén posamos en grupo e houbo bicos e apertas para repartir. Non faltaron APERTAS COLECTIVAS.
Clica imaxe para ver máis fotos

No patio todo o alumnado e profesorado asistimos as actuacións do grupo de percusión "Os Village Verdes" e o coro "Fisterra" e os bailes e raps de diferentes grupos.
Clica na imaxe para ver máis fotos

O verán está aquí...haberá diversión, lectura, diarios de verán, sol e praia, deporte e pronto comentaremos novas anécdotas, pero estaremos xa en QUINTO.

POESIANDO A GLORIA FUERTES

Xa podemos disfrutar da montaxe coas poesías de Gloria Fuertes traballadas en 4º de Primaria. Recitamos na biblioteca CÓMO SE DIBUJA UN CASTILLO e CÓMO SE DIBUJA UNA TORMENTA. Recordamos agora aquel traballo que resultou moi gratificante como labor de equipo e de grupo :
Poesiando a Gloria Fuertes: 4º de Educación Primaria from CEIP Vilaverde-Mourente on Vimeo.
Grazas profe Alba 😉👏👏👏

21 de xuño de 2017

VISITAMOS AS AULAS DE 5º


Este curso vai rematando e, xa cun pe no verán, hoxe visitamos as aulas de 5º A e 5ºB.
Fomos coñecer como se traballa, cales son os materiais e comentamos co alumnado que tal lles foi durante este ano escolar. Teñen axendas diferentes as nosas, traballan co xornal todas as semanas, tamén teñen libretas cuadriculadas e raiadas, pero o que máis chamou a nosa atención e curiosidade son os ORDENADORES PERSOAIS
Explicáronnos as dificultades atopadas e como aprenderon a manexarse coa teconoloxía, practicamos algunha que outra cousiña (xogos tamén), preguntamos, escoitamos, compartimos...e agradecimos o tempo que pasaron con nós.
Clica para ver as imaxes
 Clica na imaxe para ver máis fotos

13 de xuño de 2017

MÁIS SOBRE CASARES

Xa temos o video coa montaxe da celebración das Letras Galegas 2017 adicada a CARLOS CASARES. Intervén todo o alumnado de infantil e primaria do centro.

Clica na imaxe para ver o video
Grazas profe Alba 😉.

Nestes días o grupo de 4ºB está a representar a obra A GALIÑA AZUL que prepararon con moito entusiasmo. Onte, luns 12 de xuño, actuaron na biblioteca para o alumnado de infantil. Hoxe tocoulle ao alumnado de 4ºA asistir como espectadores e darlles a noraboa 😊 .
 

Temos xa rematadas as ilustracións do conto A FORMIGA ESQUIADORA. Podemos ver unha mostra nas seguintes imaxes:

9 de xuño de 2017

VISITA Á CASA DO PATRÓN

Hoxe foi un día moi especial. Visitamos o Museo Etnográfico Casa do Patrón en Codeseda no concello de Lalín.


Realizamos unha visita-guiada polos tres edificios que compoñen o museo. Vanesa e Lola explicáronnos con moito detalle e cariño moita información sobre os oficios tradicionais, a taberna, a cociña, os cuartos da casa, artes tradicionais, detalles dunha escola antiga..."tocamos" un anaco da historia, unha mostra de como era a vida dos nosos avós e bisavós...algo tan próximo e tan lonxano.

- Lola estivo a cargo do obradoiro de pan. Visitamos previamente unha sala con información sobre diversos procesos agrícolas como o do viño e todo o proceso de pan -desde a sementeira ata a cocidos en forno de madeira tradicional-...e moito máis...cortizas, balanzas...todo causou en nós moitísima curiosidade.

   Seguimos todo o proceso de elaboración dun bolo de pan. Coa axuda da reportaxe gráfica podemos recordar toda a información aprendida.

Máis fotos clicando no enlace

-  Tamén houbo unha pausa para merendar cando chegamos e outra para xantar antes da ruta. Compartimos momentos divertidos á sombra dun piñeiral.

-  E chegou unha pequena camiñata que levounos ata o Castro de Doade. Tivemos a enorme sorte de ver  o foso descuberto hai pouquiño, esta tarde está previsto tapalo para a súa protección. Seguimos con moitísimo interese as explicacións de Luis e fixemos moitas preguntas. Falouse de excavacións, arqueólogos, muralla, fosos, catas, mostras, georradares, teas geotextiles...recolléronse restos que serán expostos no museo e xa comezouse a facer unha réplica da casa máis grande do castro pegada ao edificio principal do museo.


-  Rodeamos todo o castro nun agradable paseo e Luis foi comentando detalles sobre a flora: xestas, codeso -o lugar chámase Codeseda-, abeloura ou herba de San Xoán, o sabugueiro, ortiga, menta...

-  Despedímonos de Lola, Vanesa e Luis agradecendo o seu labor e as atencións recibidas. Gustounos moito esta saída.  











 Clica para ver máis fotos

Xa estamos pensando en repetir para ver máis novidades arqueolóxicas...din que queda moito traballo por facer, ver como remata a a réplica da casa castreña ou participar dalgún outro obradoiro. Ata pronto!!!



A ROMANIZACIÓN

Atopamos máis información nos libros da biblioteca escolar.
Tamén enlazamos algúns  videos que intentaron respostar a moitas das nosas preguntas: como ardeu Numancia, como era unha vila romana, como chegaba a auga polo Acueducto de Segovia...

8 de xuño de 2017

25 de maio de 2017

LECTURA TEATRALIZADA DE GLORIA FUERTES

Chegou a  nosa clase o libro "El perro Picatoste" de Gloria Fuertes. Escollimos o capítulo coa obriña de teatro LOBATO LOBATÍN Y CAPERUCITA EN EL JARDÍN para interpretar na nosa biblioteca. Tiñamos tres personaxes: Carapuchiña, Lobato-Lobatín e a avoa. Toda a clase participou das interpretacións, houbo menos Carapuchiñas que lobos, unha concentrada avoa, un serio narrador...resultou moi divertido e puxemos moito interese e como mostra as imaxes seguintes:

24 de maio de 2017

MUSEO DO MAR

Hoxe  visitamos ao Museo do Mar de Galicia en Vigo. Nada máis chegar fixemos dous grupos para seguir aos nosos monitores: Jose e Sonia.
Recollemos  imaxes destas actividades que  axuden a lembrar toda a información recibida e poder compartila entre os dous grupos e as nosas familias.


-  O grupo de 4ºA participou da actividade de ARQUEOLOXÍA. UNHA CIENCIA POR DESCUBRIR seguindo as explicacións do monitor José Acuña e rematamos cunha visita ao acuario.
Fotos obradoiro arqueoloxía

-  O grupo de 4ºB visitou o acuario e seguidamente participou da actividade VIAXE AO MUNDO SUBMARINO a cargo da monitora Sonia.
Fotos obradoiro submarinismo

No acuario  puidemos observar diferentes especies mariñas que habitan a nosa costa galega.

  

Fotos acuario

O recreo e a merenda realizouse a sombra dunhas árbores xunto a praia de Samil. O día soleado e con temperaturas que pasaron dos 30º fiixonos sentir certa envexa das persoas que estaban bañándose...pero merendamos e compartimos moitos xogos e confidencias. Foi un día estupendo!!!
Fotos descanso Samil

ENTRAMOS NA IDADE ANTIGA

Coa escritura deixamos atrás a PREHISTORIA e damos comezo a HISTORIA.
Entramos na IDADE ANTIGA. E centrámonos na Península Ibérica.
Falamos de iberos, celtas e celtiberos. Comentamos tamén sobre pobos colonizadores como fenicios e cartaxineses.  Lemos, investigamos, visionamos video, temos esquemas...



23 de maio de 2017

SIMULACRO DE EVACUACIÓN

Hai uns días que vimos repasando como actuar no caso dunha emerxencia. Estaba previsto un simulacro nesta semana. Traballamos a historia "Un mal día", localizamos as sinais coas saídas marcadas nos corredores, vimos o plano co camiño marcado que temos na clase, practicamos o percorrido, a marcha das filas, a situación no punto de encontro, o reconto do alumnado, ventás pechadas...comentamos posibles emerxencias...e chegou o día.
Todo o cole realizamos unha evacuación do centro co simulacro dun incendio. Por sorte...todo foi un simulacro e non rematou como a historia.
Como curiosidade, algunhas fotos dos previos e do simulacro de hoxe ás 10 da mañá:

19 de maio de 2017

CERTAME DE POESÍAS

Hoxe os grupos de 3º e 4º xuntámonos no corredor de 3º para recitar as poesías gañadoras do XXV CERTAME DE POESÍA con motivo da celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017. Tamén asistimos a interpretación dos raps ensaiados por varios grupos destes niveis.

Antes do recreo todo o alumnado e profesorado de Infantil asistiu no patio a interpretación dos poemas por aulas coas actuacións do coro Fisterra e algúns dos raps ensaiados en Primaria. Despois do recreo, foi o momento para o alumnado de Primaria, asistimos no patio as lecturas dos poemas premiados. Os gañadores recibiron dipolomas e agasallos polas súas poesías. Actuou o coro do colexio Fisterra con dúas fermosas interpretacións.

Tamén houbo premios para os mellores raps interpretados nos diferentes niveis.

Fotos XXV Certame Poesía Infantil e Primaria

16 de maio de 2017

CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe co gallo da celebración do Día das Letras Galegas  asistimos  ao concerto de Pablo Díaz e o seu Tic Tac Toc. Foi unha actividade especial compartida por todo o alumnado e o profesorado do cole.
Os grupos de 4º traballamos na clase de Música, de maneira especial, a canción do raposo.

20170516 - Fotos do concerto
Montaxe visual do Concerto de Pablo Díaz TICTACTOC