16 de mar. de 2016

UN OBRADOIRO DE DOBRAXE


Hoxe estiveron con nós na Biblioteca do centro Suso Pando e Manuel Pombal (FMEC Producións) para facer connosco un obradoiro de dobraxe. A finalidade desta actividade é contribuír a mellorar a nosa competencia oral en lingua galega dun xeito lúdico e divertido.
-Primeiro, os dous actores amosaron os pasos da elaboración dunha película, dende a creación do guión ata a dobraxe mesma, utilizando monicreques a través dun xogo dramático.
-Logo, presentaron os personaxes dun “mini capítulo” de Bob Esponxa que tiñamos que dobrar ao galego. 
-Ensaiamos o fragmento da curta, aprendendo a encaixar as nosas voces nas bocas dos personaxes.
-Finalmente fixemos as gravacións coas nosas propias voces e comprobamos os resultados.
Esta actividade foi posible coa colaboración da Concellería de Educación do noso concello.
Achegámonos ao apaixoante mundo do cine e a dobraxe, estivemos moi atentas e atentos, ademais participamos con entusiasmo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario