Hoxe desenvolveuse na biblioteca do centro un obradoiro relacionado coa PAZ e o traballo en valores dirixido por seis persoas de diferentes nacionalidades e con un mesmo interese:
A paz debe comezar no noso interior. Desde aí pode expandirse a todo o que está ao noso redor: a nosa familia, as nosas amizades, a nosa comunidade, ao noso cole, a nosa cidade...e asi a todo o mundo. Somos "corresponsables" para facer un
MUNDO EN PAZ. Citáronse figuras como as de Gandhi, Mandela ou Luther King. Escoitamos un conto con moita atención. Vivimos momentos de reflexión, de relax...de paz dentro e fóra. Saímos cargadas e cargados de boa enerxía...Seremos capaces de poñelo en práctica??? Imos intentalo...
Música relaxante
MAITE.....namasté!!!!!!
ResponderEliminarFoi moi relaxante e tamén divertido, o conto foi moi bonito.Dixo a señora que nos explicou que había un colexio no que o facían todas as mañás para relaxarse e que así lle saían mellor as cousas durante o día que lles esperaba. Profes me gustaría facelo para que nós tamén estivesemos máis relaxados ante o que nos esperaría...Profes, ogallá que vos animedes.
ResponderEliminarCon esa idea rematamos hoxe a clase. Sería unha estupenda maneira de comezar o día. Ánimo!!!
EliminarGrazas a idea de Alexandre hoxe ao chegar fixemos Inner peace a min relaxoume moito gustoume a idea.
ResponderEliminarMoi chula a idea, gustoume moito é moi relaxante. Eu casi me durmo co sonido da flauta e todo ese silencio...chulísimo.
ResponderEliminarO conto moi entretido e aventureiro co dragón e todos cabaleiros dispostos a derrotalo, os dous primeiros non conseguiron derrotar ao dragón, pero o terceiro si o fixo con paz.
Cando fixemos Inner peace na clase para relaxarnos gustoume moito, creo que nos fixo un chisquiño de efecto, non a todos, pero a maioria si.