13 de feb. de 2017

VISITA EXPOSICIÓN GUERREROS DE XIÁN

Por fin chegou o día, hoxe visitamos a exposición sobre o exército escultórico dos GUERREROS DE XIÁN feito en arxila vermella.

-   Primeiro visionamos un documental cinematográfico que conta a historia do descubrimento do exército de Terracota por uns humildes agricultores, en marzo de 1974. Trátase dun conxunto con máis de 8.000 figuras de soldados e cabalos a tamaño real, que foron sepultados xunto ao autoproclamado Primeiro emperador da China da Dinastía Qin, QinShiHuang, no ano  210-209 a.C. Desde o ano 1.987 está clasificado como Patrimonio da Humanidade pola Unesco. No ano 2.010 o equipo de Xu Weihong descubridores e excavadores oficiais, recibiron o premio PRÍNCIPE DE ASTURIAS DAS CIENCIAS SOCIAIS.

-   Despois asistimos a un percorrido guiado por dúas monitoras que foron comentando diferentes obras e reproduccións, con explicacións e moitas curiosididades sobre a mostra.

Esta saída escolar resultou todo un éxito, compartimos algunhas fotos desta actividade:



5 comentarios:

  1. Moi chulas as esculturas. Estivo xenial, foi a excursión que máis me gustou

    ResponderEliminar
  2. Darío de 4ºA13/02/17, 22:16

    Lo que más me impresionó fue como hicieron 8.000 guerreros en solo 10 u 11 años

    ResponderEliminar
  3. Hola soy Sandra, me encantó la excursión de los guerreros de terracota, me parece muy interesante.

    ResponderEliminar
  4. Me encantó la excursión, es muy interesante y las esculturas eran muy chulas.

    ResponderEliminar
  5. Gustóume moita a saída de luns 13. Foi moi interesante e as figuras de barro impresionáronme. Me parece moi dificil facer 8.000 figuras de 2 metros en 11 anos.

    ResponderEliminar