8 de feb. de 2017

OBRADOIRO DE XOGUETOLOXÍA

Hoxe na biblioteca participamos nun obradoiro para facer xoguetes, xogos e enredos con materiais de refugallo.

Comezamos cunha pequena charla das monitoras Chus e Nerea. Explicáronnos como con calquera obxecto podemos facer un xoguete, só precisamos botarlle algo de imaxinación.

Despois, montamos un xoguete co que enredar os dous grupos: unha tartaruga corredora.
Materiais empregados: un anaco de papel, unha casca de noz, fío e un pau.
Pasos da actividade:
- Primeiro coloreamos os debuxos das tartarugas e, deseguido, recortámolos.
- Despois, pintamos a casca da noz.
- A continuación, enchemos a noz de plastilina.
- Puxémonos en ringleira e as monitoras foron pegando a noz, o papel e o fío de cada tartaruga cunha cola quente.
Ao remate, xogamos e experimentamos con elas. Todas quedaron chulísimas!!!
Esta actividade foi posible coa colaboración do concello de Pontevedra.
Enlace fotos

3 comentarios:

  1. Alexandre e Antía10/02/17, 16:00

    Foi moi divertido xogar coas tortuguiñas, Nerea e Chus eran moi graciosas e pensamos os nosos compañeiros divertíronse moito na actividade.

    ResponderEliminar
  2. Foi moi divertido a xoguetoloxía

    ResponderEliminar
  3. Que divertido foi, Nerea era divertida e Chus tamén. O que máis gustoume foron as tortuguiñas

    ResponderEliminar