4 de maio de 2016

MANUEL MARÍA ENTRA NA CLASE

MANUEL MARÍA ENTROU NO COLEXIO DA MAN DAS MASCOTAS.
CHEGOU UNHA CARTA Á CLASE CUN POEMA SEU E CONVIDÁRONNOS A INVESTIGAR SOBRE A SÚA VIDA.
SABEDES QUEN É?
MENTRES O AVERIGUADES AQUI VOS DEIXAMOS ALGO DOS SEUS POEMAS




SIMULACRO de EVACUACIÓN

Hai uns días que repasamos como deberíamos actuar no caso dunha emerxencia. Estaba previsto un simulacro de evacuación para esta semana. Visionamos un par de videos, localizamos as sinais coas saídas marcadas nos corredores, vimos o plano co camiño marcado que temos na clase, practicamos o percorrido, marcha das filas, situación no punto de encontro, reconto do alumnado...comentamos posibles emerxencias...e chegou o día.

Todo o cole realizamos unha evacuación do centro co simulacro dun incendio.
Como curiosidade, algunhas fotos dos previos e do simulacro de hoxe ás 10 da mañá:

3 de maio de 2016

XERMINACIÓN DE SEMENTES

Durante a última quincena fixemos o seguimento a varias sementes colocadas en botes de vidro con algodón e auga. Fomos observando, día a día, a evolución e anotamos, de cando en vez, a evolución...

Hoxe na clase vimos con moito entusiasmo os seguintes time-lapse de xerminación que queremos compartir coas nosas familias:
-  Feixón trepador -catro semanas en 2:39-


-  Landra ata pequeno carballo -oito meses en 3:02-

 

2 de maio de 2016

POLÍGONOS

Clica na imaxe para ver un video explicativo

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Hoxe na Biblioteca do centro e por xentileza da editorial SM recibimos a visita da contacontos RAQUEL QUEIZÁS.
Falamos do libro "LA GEOMETRÍA DEL FARAÓN" que estivemos a traballar durante o segundo trimestre. Fixemos xogos de animación lectora cos personaxes e a trama do libro. Recordamos informacións traballadas sobre Exipto. Foi moi divertido, pasóusenos o tempo rapidísimo...como mostra algunhas fotos da sesión: