20 de maio de 2016

CERTAME DE POESÍAS E CHISTES

Hoxe tiveron lugar as lecturas dos poemas premiados no CERTAME DE POESÍA. O alumnado de Primaria xuntouse no patio despois do recreo e os gañadores recibiron dipolomas e agasallos polas súas poesías.
Actuou o coro do colexio  cantando a cantiga "Dorna" de Manuel María.
A continuación, chegou o momento da contada de chistes. Tamén houbo premios para os mellores chistes de cada grupo.

18 de maio de 2016

RECITAL DE POEMAS e CHISTES en 3º e 4º

Hoxe nos corredores e 4º, xuntámonos os grupos de 3º e 4º para recitar as poesías gañadoras do CERTAME DE POESÍA con motivo da celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016. Tamén escoitamos os chistes que representarán aos nosos grupos na sesión conxunta do venres día 20.

13 de maio de 2016

CORPOS XEOMÉTRICOS

Temos no cole varias caixas con diferentes corpos xeométricos que estamos a clasificar e comparar con obxectos da vida cotiá...ou con monumentos famosos...
Clicando nas seguintes imaxes, atoparemos un video explicativo e dous xogos de repaso:
https://www.youtube.com/watch?v=-65RnPKnDPA 
http://www.primaria.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/5EP_Mat_es_ud15_Poliedros/frame_prim.swf
http://www.primaria.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/5EP_Mat_es_ud15_Poliedros/frame_prim.swf


CONCERTO DA GRAMOLA GOMINOLA


Hoxe todo o alumnado e profesorado do noso cole asistimos a un concerto moi divertido e animado dentro das actividades previstas polo DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016. 
O grupo GRAMOLA GOMINOLA interpretou un variado repertorio do seu primeiro traballo discográfico que foi presentado con moita marcha  e alegría...