ESTE É O BLOG DAS NENAS E NENOS DE 6º DO CEIP VILAVERDE. NEL IMOS POÑER MOITAS COUSAS NOVAS ADEMAIS DAS QUE XA TEMOS DOS CURSOS ANTERIORES. SEGUIDE AS NOSAS ANDANZAS!
28 de maio de 2016
20 de maio de 2016
CERTAME DE POESÍAS E CHISTES
Hoxe tiveron lugar as lecturas dos poemas premiados no CERTAME DE POESÍA. O alumnado de Primaria xuntouse no patio despois do recreo e os gañadores recibiron dipolomas e agasallos polas súas poesías.
Actuou o coro do colexio cantando a cantiga "Dorna" de Manuel María.
A continuación, chegou o momento da contada de chistes. Tamén houbo premios para os mellores chistes de cada grupo.
18 de maio de 2016
RECITAL DE POEMAS e CHISTES en 3º e 4º
Hoxe nos corredores e 4º, xuntámonos os grupos de 3º e 4º para recitar as poesías gañadoras do CERTAME DE POESÍA con motivo da celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016. Tamén escoitamos os chistes que representarán aos nosos grupos na sesión conxunta do venres día 20.
13 de maio de 2016
CORPOS XEOMÉTRICOS

Clicando nas seguintes imaxes, atoparemos un video explicativo e dous xogos de repaso:
![]() |
CONCERTO DA GRAMOLA GOMINOLA

O grupo GRAMOLA GOMINOLA interpretou un variado repertorio do seu primeiro traballo discográfico que foi presentado con moita marcha e alegría...
12 de maio de 2016
O XOGO DO CHIFLO
Hoxe visitounos na biblioteca un personaxe curioso chamado CHIFLO. Fixemos un obradoiro moi interesante -decoración dun cubo- con diferentes probas para achegarnos a historia, monumentos, personaxes importantes e lendas da nosa cidade. Esta actividade foi posible coa colaboración do concello de Pontevedra.
Asi organizamos a tarefa:
1º-Comparamos fotos antigas e modernos de seis localizacións emblemáticas de Pontevedra (cara cor azul)
2º-Pasamos a linguaxe Braille o texto dun poema de Manuel María sobre a nosa lingua (cara cor vermella)
3º-Debuxamos a Urco, segundo a descrición narrada (cara cor negra)
4º-Escribimos o nome de personaxes senlleiras vinculadas a nosa cidade (cara cor verde)
5º-Escollimos unha tradición ou festividade típica (cara cor amarela)
6º-Montamos un pequeno libriño sobre a lenda de Teucro (cara cor crema)
11 de maio de 2016
DÍA XENIAL NO SALGUEIRAL

Hoxe o alumnado de terceiro visitamos o Sagueiral na parroquia de Bora para participar dunha actividade coordinada por Anias [Xestión e formación sociocultural], coa colaboración da Comunidade de Montes do Salgueiral e o Concello de Pontevedra.
A actividade achegounos ao proceso artesanal da lá:
-Rapa dunha ovella.
-Lavado e cardado da lá.
-Mostra das ferramentas de fiar (fuso, roca).
-Proceso de tinguido natural.
-O tear.
O noso percorrido, no que fomos guiados polos monitores de Anias e o Señor Evangelino, levounos por varias fincas e casas de veciñas e veciños que amosaron con cariño, dedicación e paciencia información sobre un modo de vida que se nos fai moi alonxado no tempo, pero que forma parte das nosas raíces, da nosa cultura e tradición.
Escoitamos con moita atención as explicacións do Sr. Basilio e o Sr. Evangelino, ademais
de visitar o eirado da casa, a lareira e forno dos De Simón.
Tamén houbo tempo de merendar e xogar un pouco.Foi un día especial que esperamos poder repetir.
7 de maio de 2016
XXII CROSS ESCOLAR VILAVERDE
6 de maio de 2016
ACTIVIDADE DE CETRERÍA



-Patriota é a mascota e aparece no emblema da Brilat Galicia VI, sae voando nos seus desfiles.
-Pesa aproximadamente 1 kg e ten 50 cm de alto con case 2 m de envergadura cas súas ás despregadas.
-Encántalle o baño e xogar coa coidadora.
-É moi querida na base e moi sociable.
-A súa comida preferida é a codorniz.
-Non se leva ben cos cans.
-Adoita subirse ao alto dunha árbore (ou tellado...como asi demostrounos) para observar todo o que a rodea.
Despois baixamos ao patio para observar como Patriota voaba de brazo a brazo entre os dous coidadores...ata que cansa despois dunha mañá de exhibicións cos diferentes cursos, decidiu voar máis alto e observarnos desde o alto da cuberta do patio. Entón achegámonos, en orde e seguindo instruccións dos coidadores, para agarimar a Hermione. Nese momento, Patriota decidiu baixar e tamén deixouse "acariciar" antes da nosa despedida.
5 de maio de 2016
REPRESENTACIÓNS GRÁFICAS
Estes días pasados que traballamos coa prensa atopamos noticias que viñan acompañadas de gráficas. Tamén en Ciencias Sociais cando traballamos cos mapas e cando buscamos información sobre vilas e cidades atopamos diferentes representacións. Eso levounos a interpretar diferentes modelos de gráficas e comentar como aparecen os datos.
Clicando na seguinte imaxe podemos traballar estas representacións e resolver moitos e variados problemiñas:
![]() |
PROBLEMAS CON GRÁFICAS |
4 de maio de 2016
MANUEL MARÍA ENTRA NA CLASE
MANUEL MARÍA ENTROU NO COLEXIO DA MAN DAS MASCOTAS.
CHEGOU UNHA CARTA Á CLASE CUN POEMA SEU E CONVIDÁRONNOS A INVESTIGAR SOBRE A SÚA VIDA.
SABEDES QUEN É?
MENTRES O AVERIGUADES AQUI VOS DEIXAMOS ALGO DOS SEUS POEMAS
CHEGOU UNHA CARTA Á CLASE CUN POEMA SEU E CONVIDÁRONNOS A INVESTIGAR SOBRE A SÚA VIDA.
SABEDES QUEN É?
MENTRES O AVERIGUADES AQUI VOS DEIXAMOS ALGO DOS SEUS POEMAS
SIMULACRO de EVACUACIÓN

Todo o cole realizamos unha evacuación do centro co simulacro dun incendio.
Como curiosidade, algunhas fotos dos previos e do simulacro de hoxe ás 10 da mañá:
3 de maio de 2016
XERMINACIÓN DE SEMENTES
Durante a última quincena fixemos o seguimento a varias sementes colocadas en botes de vidro con algodón e auga. Fomos observando, día a día, a evolución e anotamos, de cando en vez, a evolución...
Hoxe na clase vimos con moito entusiasmo os seguintes time-lapse de xerminación que queremos compartir coas nosas familias:
- Feixón trepador -catro semanas en 2:39-
Hoxe na clase vimos con moito entusiasmo os seguintes time-lapse de xerminación que queremos compartir coas nosas familias:
- Feixón trepador -catro semanas en 2:39-
- Landra ata pequeno carballo -oito meses en 3:02-
2 de maio de 2016
CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Falamos do libro "LA GEOMETRÍA DEL FARAÓN" que estivemos a traballar durante o segundo trimestre. Fixemos xogos de animación lectora cos personaxes e a trama do libro. Recordamos informacións traballadas sobre Exipto. Foi moi divertido, pasóusenos o tempo rapidísimo...como mostra algunhas fotos da sesión:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)