Hoxe o alumnado de terceiro visitamos o Sagueiral na parroquia de Bora para participar dunha actividade coordinada por Anias [Xestión e formación sociocultural], coa colaboración da Comunidade de Montes do Salgueiral e o Concello de Pontevedra.
A actividade achegounos ao proceso artesanal da lá:
-Rapa dunha ovella.
-Lavado e cardado da lá.
-Mostra das ferramentas de fiar (fuso, roca).
-Proceso de tinguido natural.
-O tear.
O noso percorrido, no que fomos guiados polos monitores de Anias e o Señor Evangelino, levounos por varias fincas e casas de veciñas e veciños que amosaron con cariño, dedicación e paciencia información sobre un modo de vida que se nos fai moi alonxado no tempo, pero que forma parte das nosas raíces, da nosa cultura e tradición.
Escoitamos con moita atención as explicacións do Sr. Basilio e o Sr. Evangelino, ademais
de visitar o eirado da casa, a lareira e forno dos De Simón.
Tamén houbo tempo de merendar e xogar un pouco.Foi un día especial que esperamos poder repetir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario