Escavación arqueolóxica na Lanzada
ESTE É O BLOG DAS NENAS E NENOS DE 6º DO CEIP VILAVERDE. NEL IMOS POÑER MOITAS COUSAS NOVAS ADEMAIS DAS QUE XA TEMOS DOS CURSOS ANTERIORES. SEGUIDE AS NOSAS ANDANZAS!
28 de abr. de 2017
CHEGAMOS A IDADE DOS METAIS
Estamos xa na última etapa da Prehistoria. Estudiamos a IDADE DOS METAIS. Lemos información, vemos algún video, preparamos esquema na aula, comentamos noticias de prensa relacionadas...
Noticias sobre a Idade dos Metais en Pontevedra:
Escavación arqueolóxica na Lanzada
Escavación arqueolóxica na Lanzada
26 de abr. de 2017
OBRADOIRO INNER PEACE
Hoxe desenvolveuse na biblioteca do centro un obradoiro relacionado coa PAZ e o traballo en valores dirixido por seis persoas de diferentes nacionalidades e con un mesmo interese: A paz debe comezar no noso interior. Desde aí pode expandirse a todo o que está ao noso redor: a nosa familia, as nosas amizades, a nosa comunidade, ao noso cole, a nosa cidade...e asi a todo o mundo. Somos "corresponsables" para facer un MUNDO EN PAZ. Citáronse figuras como as de Gandhi, Mandela ou Luther King. Escoitamos un conto con moita atención. Vivimos momentos de reflexión, de relax...de paz dentro e fóra. Saímos cargadas e cargados de boa enerxía...Seremos capaces de poñelo en práctica??? Imos intentalo...
Música relaxante
![]() |
Enlace fotos |
25 de abr. de 2017
HOMENAXE A GLORIA FUERTES. CÓMO DIBUJAR...
Este ano celébrase o centenario do nacemento da escritora GLORIA FUERTES. No cole traballamos a súa biografía e a súa obra. Ao longo dos últimos días foron chegando as nosas aulas diferentes libros desta autora. De todos aprendimos algo.
O grupo de 4º A traballa co poema CÓMO SE DIBUJA UN CASTILLO
O grupo de 4º B traballa co poema CÓMO SE DIBUJA UNA TORMENTA
23 de abr. de 2017
23 de ABRIL - DÍA DO LIBRO
Un agasallo visual para celebrar o Día do Libro. É un fantástico curto para fomentar a paixón pola lectura:
Nas nosas aulas comezamos a lectura do libro "EL LOCO CUENTO DE TODOS LOS CUENTOS" escrito por José María Plaza e ilustrado por Julius. É un libro de teatro onde aparecen moitos personaxes de contos clásicos. Temos moita ilusión por traballar as "lecturas con interpretación".
Xa iremos contando...esta semana ensaiamos a escena I. Temos as máscaras preparadas.
Que emoción!!!
Xa iremos contando...esta semana ensaiamos a escena I. Temos as máscaras preparadas.
Que emoción!!!
![]() |
21 de abr. de 2017
ESTAMOS NO NEOLÍTICO
Seguimos avanzando pola Prehistoria, os seres humanos xa son sedentarios, practican a agricultura e a gandería, falamos de pedra pulida, de monumentos de pedra como dolmens e mámoas, cerámicas con barro ou arxila...estamos no NEOLÍTICO. Preparamos os nosos esquemas e buscamos informacións:
Noticias sobre o Neolítico en Galicia:
Dolmens en Vimianzo (A Coruña)
Mazas neolíticas en Outeiro de Rei (Lugo)
Terras de Pontevedra e o arte rupestre
TRABALLAMOS CON EUROS E CÉNTIMOS
Repasamos billetes e moedas en curso. Traballamos a conversión euros a céntimos, céntimos a euros. Sumamos e restamos cantidades. Vemos as posibilidades da aportar unha cantidade con diferentes billetes e moedas. Xogamos a dar cambio...
18 de abr. de 2017
OS SENTIDOS
2.- OÍDO
3.- OLFACTO
4.- GUSTO
5.- TACTO
Vocabulario: OLLOS - PÁLPEBRAS - CELLAS - PESTANAS - IRIS - PUPILA - NERVIO ÓPTICO
Visionar video desde minuto 1:30

Visionar video desde minuto 1:30
Enlace do capítulo EL OÍDO da serie "Érase una vez LA VIDA" (26:24)
3.- SENTIDO DO OLFACTO:
Vocabulario: OLFACTO - FOSAS NASAIS - PITUITARIA - NERVIO OLFACTIVO
3.- SENTIDO DO OLFACTO:
Vocabulario: OLFACTO - FOSAS NASAIS - PITUITARIA - NERVIO OLFACTIVO
6 de abr. de 2017
ESTAMOS NO PALEOLÍTICO
A nosa liña do tempo toma forma...e do BIG BANG e xa na PREHISTORIA, comezamos polo PALEOLÍTICO.
Un novo video resume información sobre este período. Nós temos a información recollida nun esquema.
Tamén temos información sobre este período da Prehistoria na Península Ibérica. Destamos a importancia a nivel mundial da COVA DE ALTAMIRA descuberta no ano 1879 polas súas pinturas rupestres:
REMATAMOS TRIMESTRE

Tamén aproveitamos para reflexionar sobre o traballo dos equipos. Pensamos no bo e no mellorable.
Falamos en parellas e despois por equipos.
Ao final, en gran grupo, recollemos todas as aportacións e anotamos como poden funcionar mellor os próximos equipos do último trimestre.
Traballamos o conto "El carpintero y sus herramientas" e o video seguinte:
Ao final, en gran grupo, recollemos todas as aportacións e anotamos como poden funcionar mellor os próximos equipos do último trimestre.
Traballamos o conto "El carpintero y sus herramientas" e o video seguinte:
4 de abr. de 2017
FUNCIÓN DE RELACIÓN
En Ciencias da Natureza estamos cos previos do proxecto sobre a función de relación. Traballaremos e organizaremos a nosa información sobre os SENTIDOS, o SISTEMA NERVIOSO e o APARATO LOCOMOTOR (músculos + ósos).
Sabemos xa moitas cousas, pero temos moitas curiosidades...COMEZAMOS:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)