O VINDEIRO CURSO VERÉMONOS EN 5º
ESTE É O BLOG DAS NENAS E NENOS DE 6º DO CEIP VILAVERDE. NEL IMOS POÑER MOITAS COUSAS NOVAS ADEMAIS DAS QUE XA TEMOS DOS CURSOS ANTERIORES. SEGUIDE AS NOSAS ANDANZAS!
23 de xuño de 2017
REMATAMOS AS CLASES
HOXE REMATAMOS AS CLASES E COMEZAMOS AS VACACIÓNS.
O VINDEIRO CURSO VERÉMONOS EN 5º

O VINDEIRO CURSO VERÉMONOS EN 5º
CONTA ATRÁS
Últimos días, últimas horas en CUARTO:
- Recollemos materiais, lemos a carta despedida de curso das nosas mascotas, algún compañeiro e compañeira mostrou os seus traballos do verán pasado para animarnos a facer algo parecido, visitamos as aulas de 5º, rematamos últimos traballos.
Tamén posamos en grupo e houbo bicos e apertas para repartir. Non faltaron APERTAS COLECTIVAS.
No patio todo o alumnado e profesorado asistimos as actuacións do grupo de percusión "Os Village Verdes" e o coro "Fisterra" e os bailes e raps de diferentes grupos.
No patio todo o alumnado e profesorado asistimos as actuacións do grupo de percusión "Os Village Verdes" e o coro "Fisterra" e os bailes e raps de diferentes grupos.
O verán está aquí...haberá diversión, lectura, diarios de verán, sol e praia, deporte e pronto comentaremos novas anécdotas, pero estaremos xa en QUINTO.
POESIANDO A GLORIA FUERTES
Xa podemos disfrutar da montaxe coas poesías de Gloria Fuertes traballadas en 4º de Primaria. Recitamos na biblioteca CÓMO SE DIBUJA UN CASTILLO e CÓMO SE DIBUJA UNA TORMENTA. Recordamos agora aquel traballo que resultou moi gratificante como labor de equipo e de grupo :
Poesiando a Gloria Fuertes: 4º de Educación Primaria from CEIP Vilaverde-Mourente on Vimeo.Grazas profe Alba 😉👏👏👏
21 de xuño de 2017
VISITAMOS AS AULAS DE 5º
Este curso vai rematando e, xa cun pe no verán, hoxe visitamos as aulas de 5º A e 5ºB.
Fomos coñecer como se traballa, cales son os materiais e comentamos co alumnado que tal lles foi durante este ano escolar. Teñen axendas diferentes as nosas, traballan co xornal todas as semanas, tamén teñen libretas cuadriculadas e raiadas, pero o que máis chamou a nosa atención e curiosidade son os ORDENADORES PERSOAIS.
Explicáronnos as dificultades atopadas e como aprenderon a manexarse coa teconoloxía, practicamos algunha que outra cousiña (xogos tamén), preguntamos, escoitamos, compartimos...e agradecimos o tempo que pasaron con nós.
13 de xuño de 2017
MÁIS SOBRE CASARES
Xa temos o video coa montaxe da celebración das Letras Galegas 2017 adicada a CARLOS CASARES. Intervén todo o alumnado de infantil e primaria do centro.
![]() |
Clica na imaxe para ver o video |
Grazas profe Alba 😉.
Nestes días o grupo de 4ºB está a representar a obra A GALIÑA AZUL que prepararon con moito entusiasmo. Onte, luns 12 de xuño, actuaron na biblioteca para o alumnado de infantil. Hoxe tocoulle ao alumnado de 4ºA asistir como espectadores e darlles a noraboa 😊 .
Nestes días o grupo de 4ºB está a representar a obra A GALIÑA AZUL que prepararon con moito entusiasmo. Onte, luns 12 de xuño, actuaron na biblioteca para o alumnado de infantil. Hoxe tocoulle ao alumnado de 4ºA asistir como espectadores e darlles a noraboa 😊 .
Temos xa rematadas as ilustracións do conto A FORMIGA ESQUIADORA. Podemos ver unha mostra nas seguintes imaxes:
9 de xuño de 2017
VISITA Á CASA DO PATRÓN
Hoxe foi un día moi especial. Visitamos o Museo Etnográfico Casa do Patrón en Codeseda no concello de Lalín.
- Realizamos unha visita-guiada polos tres edificios que compoñen o museo. Vanesa e Lola explicáronnos con moito detalle e cariño moita información sobre os oficios tradicionais, a taberna, a cociña, os cuartos da casa, artes tradicionais, detalles dunha escola antiga..."tocamos" un anaco da historia, unha mostra de como era a vida dos nosos avós e bisavós...algo tan próximo e tan lonxano.
- Lola estivo a cargo do obradoiro de pan. Visitamos previamente unha sala con información sobre diversos procesos agrícolas como o do viño e todo o proceso de pan -desde a sementeira ata a cocidos en forno de madeira tradicional-...e moito máis...cortizas, balanzas...todo causou en nós moitísima curiosidade.
Seguimos todo o proceso de elaboración dun bolo de pan. Coa axuda da reportaxe gráfica podemos recordar toda a información aprendida.
- Tamén houbo unha pausa para merendar cando chegamos e outra para xantar antes da ruta. Compartimos momentos divertidos á sombra dun piñeiral.
- E chegou unha pequena camiñata que levounos ata o Castro de Doade. Tivemos a enorme sorte de ver o foso descuberto hai pouquiño, esta tarde está previsto tapalo para a súa protección. Seguimos con moitísimo interese as explicacións de Luis e fixemos moitas preguntas. Falouse de excavacións, arqueólogos, muralla, fosos, catas, mostras, georradares, teas geotextiles...recolléronse restos que serán expostos no museo e xa comezouse a facer unha réplica da casa máis grande do castro pegada ao edificio principal do museo.
- Rodeamos todo o castro nun agradable paseo e Luis foi comentando detalles sobre a flora: xestas, codeso -o lugar chámase Codeseda-, abeloura ou herba de San Xoán, o sabugueiro, ortiga, menta...
- Despedímonos de Lola, Vanesa e Luis agradecendo o seu labor e as atencións recibidas. Gustounos moito esta saída.

Clica para ver máis fotos
Xa estamos pensando en repetir para ver máis novidades arqueolóxicas...din que queda moito traballo por facer, ver como remata a a réplica da casa castreña ou participar dalgún outro obradoiro. Ata pronto!!!

- Despedímonos de Lola, Vanesa e Luis agradecendo o seu labor e as atencións recibidas. Gustounos moito esta saída.

Clica para ver máis fotos
Xa estamos pensando en repetir para ver máis novidades arqueolóxicas...din que queda moito traballo por facer, ver como remata a a réplica da casa castreña ou participar dalgún outro obradoiro. Ata pronto!!!
A ROMANIZACIÓN
Tamén enlazamos algúns videos que intentaron respostar a moitas das nosas preguntas: como ardeu Numancia, como era unha vila romana, como chegaba a auga polo Acueducto de Segovia...
8 de xuño de 2017
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)