APRENDEMOS A ESCRIBIR CON LETRA CURSIVA UNHA CHEA DE PALABRAS:
- PALABRAS DE CONTOS
- PALABRAS DE XOGOS
- PALABRAS SOBRE PLANTAS
- PALABRAS GRANDES E PEQUENAS
- PALABRAS QUE LEVAN MOITAS VOGAIS
- ...
NÓS IMOS RENDERLLE HOMENAXE ÁS PALABRAS (DÍA DA PALABRA: 23 DE NOVEMBRO)... FACENDO SOPA DE PALABRAS EN GRUPOS COOPERATIVOS! XA VEREDES QUE DE POTAS FACEMOS!
UNHA PALABRA FERMOSA É DEREITO. NESTE MES TAMÉN SE CELEBRA O DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA (20 DE NOVEMBRO). EN CURSOS ANTERIORES TRABALLAMOS O DEREITO A TER UN NOME, O DEREITO A TER UNHA FAMILIA, O DEREITO A IR Á ESCOLA,... ESTE CURSO TRABALLAMOS O DEREITO Á SAÚDE...
SAÚDE, OUTRA PALABRA FERMOSA. DESPOIS DE TRABALLAR CO DEREITO Á SAÚDE IMOS TENTAR DEBUXAR O QUE NOS SUXIRE ESE DEREITO PORQUE IMOS PARTICIPAR NO CONCURSO DA FUNDACIÓN MENIÑOS.
TAMÉN HAI PALABRAS FEAS, FEAS POLO SEU SIGNIFICADO E NON POLAS LETRAS QUE LEVA. UNHA QUE NON NOS GUSTA NADA É MALTRATAR.
TRABALLAREMOS SOBRE O QUE ENTENDEMOS POR MALTRATO EN GRUPOS COOPERATIVOS E LEREMOS ALGUNHA HISTORIA QUE NOS AXUDE NA LOITA CONTRA O MESMO (25 DE NOVEMBRO).
Ningún comentario:
Publicar un comentario