7 de nov. de 2013

OS XOGOS E XOGUETES DE DONA TERESA

O 6 DE NOVEMBRO 1º RECIBIU A VISITA DE DONA TERESA DENTRO DA CAMPAÑA "ENSÍNANOS A XOGAR.

"Dona Teresa é a avoa de Hugo Durán de 1º A e naceu en Cotobade.
Contou moitas cousas aos enenos e ás nenas, entre elas que montou en coche por primeira vez aos 19 anos. Cando era nena non había coches nin motos no seu pobo e ata o médico tiña que ir a cabalo.
Non tiñan cuarto de baño na casa nin radio nin televisión. Seu pai veu de Brasil e fixo unha casa. Despois chegaron a Pontevedra e colleron un traspaso dun bar na rúa Charino. Na escola tiña vergoña porque as outras nenas falaban castelán e ela só falaba galego. Un día quixo ir ó cine Victoria pero a película era para maiores e tivo que volver para a casa e como se perdeu tivo que preguntar polo camiño para chegar a rúa Charino.
Non tiña bonecas e a primeira que lle compraron era de cartón; por iso, cando lle lavou os coloretes da cara quedáronlle dous buratos.
Ao seu irmán regaláronlle un chifro.
Outras cousas as que xogaban eran: peletre, escondite, pata coxa e comba.
Pasou o tempo e tivo outra boneca (sen pelo, con gomas nas mans e nas pernas e sen roupa) e iso era o único ó que xogaba.
 Seu irmán estodou máis e fixo moitos amigos.
 Pasado o tempo compraron casa en Mourente que é onde viven agora. O seu primeiro reloxo de pulseira tivo cando casou a súa filla.
Despois de contarlle cousas ós nenos e nenas de 1º, dona Teresa respostou as preguntas que lle fixeron, visitou as aulas de 1ºB e 1ºA e recibiu os abrazos cariñosos das nenas e nenos que tamén lle ensinaron espontaneamente os traballos que facían no colexio.
Cando era a 1 chegou a súa filla a recollela. Foi unha fermosa visita.

Ningún comentario:

Publicar un comentario