Hoxe estiveron con nós na Biblioteca do centro Suso Pando e Manuel Pombal (FMEC Producións) para facer 
connosco un obradoiro de dobraxe. A finalidade desta actividade é contribuír a mellorar a nosa competencia oral en lingua galega dun xeito lúdico e divertido.
-Primeiro, os dous
 actores amosaron os pasos da elaboración dunha película, dende a 
creación do guión ata a dobraxe mesma, utilizando monicreques a través 
dun xogo dramático. 
-Logo, presentaron os personaxes
dun “mini capítulo” de Bob Esponxa que tiñamos que dobrar ao
galego.  
-Ensaiamos o fragmento da curta, aprendendo a encaixar as nosas voces nas bocas dos personaxes.
-Finalmente fixemos as gravacións coas nosas propias voces e comprobamos os resultados.
Esta actividade foi posible coa colaboración da Concellería de Educación do noso concello.
Achegámonos ao apaixoante mundo do cine e a dobraxe, estivemos moi atentas e atentos, ademais participamos con entusiasmo.

 

