Chegou a nosa clase o libro "El perro Picatoste" de Gloria Fuertes. Escollimos o capítulo coa obriña de teatro LOBATO LOBATÍN Y CAPERUCITA EN EL JARDÍN para interpretar na nosa biblioteca. Tiñamos tres personaxes: Carapuchiña, Lobato-Lobatín e a avoa. Toda a clase participou das interpretacións, houbo menos Carapuchiñas que lobos, unha concentrada avoa, un serio narrador...resultou moi divertido e puxemos moito interese e como mostra as imaxes seguintes:
ESTE É O BLOG DAS NENAS E NENOS DE 6º DO CEIP VILAVERDE. NEL IMOS POÑER MOITAS COUSAS NOVAS ADEMAIS DAS QUE XA TEMOS DOS CURSOS ANTERIORES. SEGUIDE AS NOSAS ANDANZAS!
25 de maio de 2017
24 de maio de 2017
MUSEO DO MAR
Hoxe visitamos ao Museo do Mar de Galicia en Vigo.
Nada máis chegar fixemos dous grupos para seguir aos nosos monitores: Jose e Sonia.
Recollemos imaxes destas actividades que axuden a lembrar toda a información recibida e poder compartila entre os dous grupos e as nosas familias.
- O grupo de 4ºA participou da actividade de ARQUEOLOXÍA. UNHA CIENCIA POR DESCUBRIR seguindo as explicacións do monitor José Acuña e rematamos cunha visita ao acuario.
Fotos obradoiro arqueoloxía
- O
grupo de 4ºB visitou o acuario e seguidamente participou da actividade VIAXE AO MUNDO SUBMARINO a cargo da monitora Sonia.
Fotos obradoiro submarinismo
No acuario puidemos observar diferentes especies mariñas que habitan a nosa costa galega.
Fotos acuario
O recreo e a merenda realizouse a sombra dunhas árbores xunto a praia de Samil. O día soleado e con temperaturas que pasaron dos 30º fiixonos sentir certa envexa das persoas que estaban bañándose...pero merendamos e compartimos moitos xogos e confidencias. Foi un día estupendo!!!
Fotos descanso Samil
Recollemos imaxes destas actividades que axuden a lembrar toda a información recibida e poder compartila entre os dous grupos e as nosas familias.
- O grupo de 4ºA participou da actividade de ARQUEOLOXÍA. UNHA CIENCIA POR DESCUBRIR seguindo as explicacións do monitor José Acuña e rematamos cunha visita ao acuario.
Fotos obradoiro arqueoloxía

Fotos obradoiro submarinismo
No acuario puidemos observar diferentes especies mariñas que habitan a nosa costa galega.
Fotos acuario
O recreo e a merenda realizouse a sombra dunhas árbores xunto a praia de Samil. O día soleado e con temperaturas que pasaron dos 30º fiixonos sentir certa envexa das persoas que estaban bañándose...pero merendamos e compartimos moitos xogos e confidencias. Foi un día estupendo!!!
Fotos descanso Samil
ENTRAMOS NA IDADE ANTIGA
Coa escritura deixamos atrás a PREHISTORIA e damos comezo a HISTORIA.
Entramos na IDADE ANTIGA. E centrámonos na Península Ibérica.
Falamos de iberos, celtas e celtiberos. Comentamos tamén sobre pobos colonizadores como fenicios e cartaxineses. Lemos, investigamos, visionamos video, temos esquemas...
Falamos de iberos, celtas e celtiberos. Comentamos tamén sobre pobos colonizadores como fenicios e cartaxineses. Lemos, investigamos, visionamos video, temos esquemas...
23 de maio de 2017
SIMULACRO DE EVACUACIÓN

19 de maio de 2017
CERTAME DE POESÍAS
Hoxe os grupos de 3º e 4º xuntámonos no corredor de 3º para recitar
as poesías gañadoras do XXV CERTAME DE POESÍA con motivo da celebración do
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017. Tamén asistimos a interpretación dos raps ensaiados por varios grupos destes niveis.
Antes do recreo todo o alumnado e profesorado de Infantil asistiu no patio a interpretación dos poemas por aulas coas actuacións do coro Fisterra e algúns dos raps ensaiados en Primaria. Despois do recreo, foi o momento para o alumnado de Primaria, asistimos no patio as lecturas dos poemas premiados. Os
gañadores recibiron dipolomas e agasallos polas súas poesías. Actuou o coro do colexio Fisterra con dúas fermosas interpretacións.
Tamén houbo premios para os mellores raps interpretados nos diferentes niveis.
Fotos XXV Certame Poesía Infantil e Primaria
16 de maio de 2017
CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS
Hoxe co gallo da celebración do Día das Letras Galegas asistimos ao concerto de Pablo Díaz e o seu Tic Tac Toc. Foi unha actividade especial compartida por todo o alumnado e o profesorado do cole.
Os grupos de 4º traballamos na clase de Música, de maneira especial, a canción do raposo.
20170516 - Fotos do concerto
Montaxe visual do Concerto de Pablo Díaz TICTACTOC
Os grupos de 4º traballamos na clase de Música, de maneira especial, a canción do raposo.
20170516 - Fotos do concerto
Montaxe visual do Concerto de Pablo Díaz TICTACTOC
15 de maio de 2017
12 de maio de 2017
SISTEMA LOCOMOTOR
Estudiamos ósos e músculos. Diferenciamos ósos e articulacións. Localizamos os ósos máis importantes do esqueleto.
6 de maio de 2017
XXIII CROSS ESCOLAR VILAVERDE


O alumnado de 3º e 4º participaba na categoría BENXAMÍN. O máis importante a ilusión compartida e o esforzo demostrado.
NORABOA!!!
4 de maio de 2017
LETRAS GALEGAS 2017
Este ano 2017, a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas é Carlos Casares. Será o protagonista nesta quincena de moitas actividades e lecturas nas nosas aulas. Traballaremos a súa biografía e coñeceremos algunhas das súas obras.
Tamén participaremos, un ano máis, no Certame de Poesía do cole. Este ano xa é o vixésimo quinto ano de celebración...Levamos xa uns días dándolle voltas as rimas e propoñendo diferentes ideas para montar as nosas poesías.
XXV CERTAME DE POESÍA
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)